Refworks é o xestor de referencias bibliográficas que está a disposición da nosa comunidade universitaria e que lle permite:
Proquest: Formación e recursos en español: RefWorks
Universidad Pablo de Olavide, Biblioteca. Formación de usuarios 2013: RefWorks 2.0
Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. Biblioteca Universitaria: Biblioguías: RefWorks
Biblioteca de la Universidad Carlos III de Madrid: Guía temática sobre citas bibliográficas: RefWorks.
1. Tras facer unha busca no catálogo da biblioteca, hai que seleccionar o/s rexistro/s de interese en premer en "Gardar os rexistros marcados":
2. Para ver estes rexistros, hai que premer en "Ver os rexistros gardados":
3. Na pantalla de exportación, elíxense as opcións "Formato de lista EndNote/Refworks" e "Enviar lista a Disco local". Prémese en "Enviar". Descárgase un arquivo no ordenador con nome "export.txt":
4. Na nova versión de Refworks, prémese en "+ Añadir" e en "Importar referencias":
5. Na seguinte pantalla, selecciónase a opción "Importar desde un archivo". Búscase o arquivo no ordenador ou arrástrase e sóltase no recadro indicado. A continuación aparece a pantalla de importación. Na caixa coa lupa escríbese "Innovative Interfaces" e selecciónase a primeira opción (EndNote/Refworks Format). No despregable que aparece debaixo, elíxese "Allegheny College" ou "Universidad de Granada". Prémese en "Importar":
6. Séguense o resto das indicacións para completar a importación.
NOTA: Na versión antiga de Refworks, hai que premer en "Importar" (parte dereita da pantalla) e introducir os mesmos datos antes de seleccionar o arquivo cos rexistros gardados. Prémese en "Importar" para finalizar o proceso:
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es