Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Citas e referencias bibliográficas: Norma UNE-ISO 690:2013

Norma UNE-ISO 690:2013

A norma UNE-ISO 690:2013  "Directrices para la redacción de referencias bibliográficas y de citas de recursos de información" é unha norma internacional que ofrece unhas directrices para a redacción das citas e referencias bibliográficas aplicables a calquera tipo de material e para calquera área do coñecemento.

Referencias por tipo documento segundo a norma UNE-ISO 690:2013

Elementos básicos da referencia:
  • Autoría/s: APELIDO/S en maiúsculas
  • Titulo da obra: en letra cursiva.
  • Edición se non é a 1ª.
  • Lugar de publicación: editorial , ano.
  • ISBN (se consta no libro)

Indicarase sempre o enderezo electrónico e a data de consulta do documento. Non é imprescindible citar o lugar de edición e a editorial, a non ser que figure claramente no documento.

Elementos básicos da referencia:
  • Autoría/s do artigo: Apelido, Nome, Apelido, Nome, ...
  • Título do artigo ou noticia.
  • Título da revista, anuario, etc. en letra cursiva: Revista de psicología
  • Indicar o soporte: [en liña]
  • Datos da publicación: ano, volume, número ou fascículo. 2016 6 (1)
  • Páxinas: pp. 1-27
  • ISSN
  • [Consulta: 4 xullo 2017]. Dispoñible en: https://doi.org/10.1016/B978-0-323-31225-7.00010-5

Artigo dun periódico accesible a través dunha base de datos:

BERNSTEIN, Lenny (2011)  Coping with an out-of-the-routine injury. En: Washington Post Jan 27, [consulta: 4 xullo 2017] Regional Business News, EBSCOhost

Libros que recollen as actas de congresos, simposios, xornadas, etc.:
  • Autoría, editor/a, compilador/a
  • Título do congreso en letra cursiva
  • Formato entre corchetes [en liña] 
  • Editores, coordinadores, ... se figuran na publicación
  • Lugar: editorial, ano de publicación
  • Data de consulta
  • ISBN ou ISSN
  • DOI ou enderezo de acceso electrónico. Dispoñible en: http://...

Algunhas peculiaridades das referencias bibliográficas: ademais do autor convén indicar o director ou tutor do traballo, o tipo de documento e o nome da institución na que se presentou. Elementos que compoñen a referencia:

  • Autoría
  • Título
  • Indicar o soporte: [en liña]
  • Director do traballo
  • Tipo de documento: tese doutoral, traballo fin de carreira
  • Institución académica na que se presenta: Lugar: nome da universidade, ano
  • Data de consulta [consultado: 13 xullo 2017]
  • Enderezo de acceso: Dispoñible en: http://...
Elementos básicos da referencia:
  • Organismo responsable da norma ou informe:  ISO, AENOR, Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE), etc.
  • Código identificativo da norma
  • Título da norma.
  • Indicar o soporte: [en liña].
  • Datos de publicación: lugar de publicación: editorial, ano de publicación
  • Data de consulta: [consultado: 1 outubro 2015].
  • Nome da base de datos, por exemplo, AENORmás
  • ISBN.
  • Ligazón de acceso electrónico: url, DOI ...
Elementos  imprescindibles para identificar unha patente:
  • Nome do titular ou solicitante da patente que pode ser unha persoa, entidade ou empresa, por exemplo, IBERDROLA RENOVABLES ENERGÍA, S.A.
  • Título da patente
  • Código do pais e número oficial da patente por exemplo, ES2607428
  • Adicionalmente pódese incluir a data da aprobación ou da solicitude
Sitios, páxinas web, listas de distribución, foros, bases de datos dispoñibles en internet.

Elementos obrigatorios que configuran a referencia:

  • Autoría ou entidade responsable do sitio ou páxina
  • Título en cursiva
  • Tipo de soporte ou formato: [mensaxe electrónica], [podcast], [en liña], [base de datos en liña], etc.
  • Data de envío da mensaxe: ano mes día.
  • Data de consulta [consulta: 11- xullo- 2014]
  • Enderezo de acceso

Publicación nunha lista de distribución:

ARROYO-VÁZQUEZ, Natalia. Hacia un sistema global para la identificación de autoresOrcid. En: IWETEL: Foro para profesionales de bibliotecas y documentacion [en liña]. 2012 abril 11 [consulta: 02-novembro-2017]. Dispoñible en: https://listserv.rediris.es/cgi-bin/wa?A2=IWETEL;4ca034a2.1204B

Programas informáticos

Elementos básicos da referencia:

  • Creador do software que pode ser unha persoa ou unha empresa.
  • Título do programa e a versión
  • Formato [programa de ordenador]
  • Datos de publicación ou distribución: Lugar, editor, data de distribución.

THE NATIONAL ARCHIVES [UK]. DROID (v6.4) [programa de ordenador]. Surrey: The National Archives, 2017 [consulta: 13-11-2017].Dispoñible en: http://www.nationalarchives.gov.uk/documents/information-management/droid-binary-6.4-bin.zip.

OPEN SOURCE MATTERS, INC. Joomla! 3.8. [programa de ordenador] New York: Open Source Matters, 2005-2017 [consulta 13-11-2017]. Dispoñible en: https://www.joomla.org/3/es

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons