Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Citas e referencias bibliográficas: Estilo MLA

Estilo MLA

O estilo MLA foi creado pola Modern Language Association e está enfocado ás Humanidades, Lingua e Literatura.

Consideracións xerais para citar recursos electrónicos:

  • MLA só require www., así que hai que eliminar todo https:// ao citar URL.
  • A data de acceso ao recurso, se ben non é obrigatoria, se recomenda incluír, especialmente cando se trata de páxinas que cambian con frecuencia ou que non teñen unha data de copyright visible.

Referencias por tipo documento segundo o estilo MLA

Elementos e ordenación:

Apelido, Nome do autor. Título do libro. E-book, Editorial, Ano.

Moitos artigos de revistas académicas que se atopan en bases de datos inclúen un DOI. Se hai un DOI dispoñible, cite o número DOI en lugar da URL.

- Artigo nunha revista académica só en liña

MLA require un rango de páxinas para os artigos que aparecen en revistas académicas. Se a revista que está citando aparece exclusivamente nun formato en liña (é dicir, non hai unha publicación impresa correspondente) que non fai uso de números de páxina, indique a URL ou outra información de ubicación.

     

- Artigo nunha revista académica en liña que tamén aparece impreso

Cite artigos en revistas académicas en liña que tamén aparezan impresos como o faría nunha revista académica impresa, incluído o rango de páxinas do artigo. Proporcione a URL e a data de acceso.

     

- Artigo dunha base de datos en liña (ou outro servizo de subscrición electrónica)

Cite bases de datos en liña (por exemplo, ProQuest, JSTOR, ScienceDirect) e outros servizos de subscrición, proporcionando o título da base de datos en cursiva antes do DOI ou URL. Se non se proporciona un DOI, utilice a URL no seu lugar. Proporcione a data de acceso se o desexa.

     

Elementos e ordenación: 

Apelido, Nome do autor. “Título do artigo." Nome do blog, data do artigo, url. Data de consulta.

     

- Páxina web completa

Ao citar un sitio web completo, siga o seguinte formato:

Nome do editor, autor ou compilador (se está dispoñible). Nome do sitio. Nome da institución/organización afiliada ao sitio (patrocinador ou editor), data de creación do recurso (se está dispoñible), URL, DOI ou ligazón permanente. Data de acceso (se se desexa).

     

- Páxina nun sitio web

Para unha páxina individual nun sitio web, enumere o autor ou alias se o coñece, seguido dunha indicación da páxina ou artigo específico ao que se fai referencia.

     

Elementos e ordenación: 

Apelido, Nome do autor. “Título do dataset”. Ano. Web.

     

Comece co identificador de Twitter do usuario en lugar do nome do autor. Logo, coloque o tweet na súa totalidade entre comiñas, insertando un punto despois do tweet dentro das citas. Inclúa a data e hora da publicación; separe a data e a hora cunha coma e termine cun punto. Inclúa a data de acceso se o considera necesario.

     

Se o nome do autor é o mesmo que o de quen subiu o video, só cite ao autor unha vez. Se o autor é diferente ao que subiu o video, cite o nome do autor antes do título.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons