Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Datos de investigación: Comunidade UDC en Zenodo

Comunidade UDC en Zenodo

En febreiro de 2020 creouse unha comunidade UDC en Zenodo para que o persoal investigador da nosa universidade deposite aí os seus datos de investigación. Deste xeito, aos/ás investigadores/as da UDC que queiran poñer os seus datos de investigación de forma aberta ou necesiten cumprir con requirimentos de editores, institucións ou mandatos de financiadores, como o Horizonte 2020, recoméndaselles que depositen os datos de investigación neste repositorio multidisciplinar.

O depósito en Zenodo é moi sinxelo e ofrece vantaxes importantes para os investigadores, como:

  • obter un DOI para o dataset
  • gran capacidade de almacenamento

A maiores, ao crear unha comunidade para a Universidade da Coruña tamén se está a ofrecer un punto único de consulta dos datos de investigación da UDC.

Ademais de na propia comunidade da UDC, e de forma complementaria, tamén é posible depositar noutra comunidade do seu interese ou nun repositorio temático para incrementar a visibilidade.

 

Proceso para o depósito en Zenodo:

O depósito en Zenodo é moi sinxelo. O primeiro paso é subir o/os ficheiros dos datos. É importante: 

  • Ofrecer versións dos ficheiros de datos en formatos abertos para favorecer a reutilización dos datos. 
  • Subir tamén un ficheiro readme.txt, que recollerá información sobre a autoría, título, metodoloxía, breve descrición do conxunto de datos, dereitos de uso, etc. Débese publicar en inglés, para asegurar un maior alcance dentro da comunidade investigadora. 

Plantilla para o readme.txt: exemplo de plantilla do arquivo readme.txt, elaborada pola Biblioteca de Economía e Empresa da UDC.

Logo de subir os ficheiros hai que encher os metadatos descritivos (tipo de documento, autoría, título, data, idioma, palabras chave…).  O seguinte paso é definir o tipo de acceso e a licenza que se asigna aos datos. É obrigatorio seleccionar unha licenza e por defecto Zenodo ofrece unha Creative Commons Attribution 4.0 international:

 

No caso de que eses datos sexan resultado dalgún proxecto con financiación institucional (UE, Ministerio) tamén debe recollerse en Zenodo, para así posibilitar o seguemento das obrigas de publicación de datos en aberto que requiren en moitos casos os financiadores:

Unha vez que se completa o depósito na comunidade da UDC, a Biblioteca recibe un aviso de que hai un novo depósito. Revísanse os metadatos e valídase o rexistro para que sexa visible desde a comunidade Zenodo da UDC.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons