En febreiro de 2020 creouse unha comunidade UDC en Zenodo para que o persoal investigador da nosa universidade deposite aí os seus datos de investigación. Deste xeito, aos/ás investigadores/as da UDC que queiran poñer os seus datos de investigación de forma aberta ou necesiten cumprir con requirimentos de editores, institucións ou mandatos de financiadores, como o Horizonte 2020, recoméndaselles que depositen os datos de investigación neste repositorio multidisciplinar.
O depósito en Zenodo é moi sinxelo e ofrece vantaxes importantes para os investigadores, como:
A maiores, ao crear unha comunidade para a Universidade da Coruña tamén se está a ofrecer un punto único de consulta dos datos de investigación da UDC.
Ademais de na propia comunidade da UDC, e de forma complementaria, tamén é posible depositar noutra comunidade do seu interese ou nun repositorio temático para incrementar a visibilidade.
Proceso para o depósito en Zenodo:
O depósito en Zenodo é moi sinxelo. O primeiro paso é subir o/os ficheiros dos datos. É importante:
Plantilla para o readme.txt: exemplo de plantilla do arquivo readme.txt, elaborada pola Biblioteca de Economía e Empresa da UDC.
No caso de que eses datos sexan resultado dalgún proxecto con financiación institucional (UE, Ministerio) tamén debe recollerse en Zenodo, para así posibilitar o seguemento das obrigas de publicación de datos en aberto que requiren en moitos casos os financiadores:
Unha vez que se completa o depósito na comunidade da UDC, a Biblioteca recibe un aviso de que hai un novo depósito. Revísanse os metadatos e valídase o rexistro para que sexa visible desde a comunidade Zenodo da UDC.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es