Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Recoméndase realizar as seguintes tarefas:
O depósito de datos implica una serie de tarefas:
- Seleccionar os datos que se van a depositar: limpiar e procesar os datos en bruto
- Crear unha copia maestra do dataset definitivo para asegurar a súa integridade.
- Decidir qué datos estarán accesibles ao público. Hai que tener en conta o marco legal que afecta ós datos de investigación: propiedad intelectual, confidencialidade, privacidade e protección de datos de carácter personal.
- Anonimizar os datos de carácter persoal. OpenAIRE recomenda a utilización da ferramenta Amnesia de anonimización de datos, que permite borrar dos datos toda aquela información identificativa (nomes, código postal, datas de nacemento...).
- Depositar os datos nun repositorio xunto á documentación necesaria para facilitar a súa reutilización. Á hora de elixir un repositorio hai que ter en conta aspectos como a súa área temática, a súa capacidade de almacenamento, a facilidade de recuperación de datos, se asigna un identificador único e persistente para cada conxunto de datos ( DOI), se permite establecer un periodo de embargo para os datos e a licencia de uso que se quere otorgar
- Aportar os metadatos necesarios para a creación do rexistro no repositorio
- Se se publican os resultados da investigación nunha publicación científica, débese enlazar ao DOI dos datos depositados no repositorio.
Onde publicar ou depositar datos
A UDC recomenda que os seus investigadores depositen os datos de investigación no repositorio multidisciplinar Zenodo (creado polo CERN e a iniciativa OpenAire da Comisión Europea). Con esta finalidade a UDC creou unha comunidade propia en Zenodo. Tamén é de interese depositar complementariamente os datos nun repositorio temático.
Se precisa axuda ou máis información sobre como facer o depósito conctacte co Servizo de Biblioteca.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es 