Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Recursos Educativos Abertos: Docencia

Docencia

Docencia

A través das licenzas abertas, os recursos educativos abertos (REA) abren posibilidades para novas prácticas de ensino e aprendizaxe máis colaborativos (tamén coñecidas como prácticas educativas abertas), porque os materiais pódense usar, adaptar e compartir dentro e entre as comunidades de aprendizaxe. Este apartado explora a pedagoxía aberta, entendida como as prácticas colaborativas de ensino e aprendizaxe que axudan os educadores a avanzar  nunha cultura de intercambio e aprendizaxe activa a través dos REA. O apartado tamén suxire formas nas que os educadores poden traballar co persoal de biblioteca para promover a súa práctica de pedagoxía aberta.

 

 

Educación Aberta

Que é a educación aberta?

A pedagoxía aberta refírese a prácticas de ensino e aprendizaxe colaborativas que axudan os educadores a avanzar nunha cultura de intercambio e aprendizaxe activa a través dos REA.

A continuación móstrase un marco para a educación ou a pedagoxía aberta, proposto por Bronwyn Hegarty. Segundo o autor, desenvolver a "apertura" pode ser un desafío. Por exemplo, os educadores poden sentirse incómodos compartindo o seu traballo ou invitando á revisión por pares en plataformas abertas. A educación aberta require un cambio de mentalidade para levar a cabo a apertura e o traballo dunha maneira específica. Non obstante, tamén é certo que moitos docentes xa colaboran e comparten; por tanto, os atributos enumerados a continuación tratan de estender esta práctica actual.

 

Oito características da educación aberta

  1. Tecnoloxías participativas: utiliza a  Web 2.0 e as aplicacións móbiles para conectarse á aprendizaxe.
  2. Xente, apertura, confianza: crea confianza e apertura para traballar con outro.
  3. Innovación e creatividade: fomenta a innovación espontánea e a creatividade.
  4. Compartir ideas e recursos: comparte libremente para permitir unha difusión xusta do coñecemento.
  5. Comunidade conectada: participa nunha comunidade de profesionais conectada.
  6. Materiais creados por estudantes: facilita as contribucións dos alumnos aos REA.
  7. Práctica reflexiva : participa en oportunidades para a práctica reflexiva.
  8. Revisión por pares : contribúe a unha crítica aberta da actividade académica doutros colegas.

Fontes

Por que a educación aberta é importante?

Importa porque:

  • Apoia os estudantes no desenvolvemento de habilidades de pensamento crítico, resolución de problemas e análises.
  • Permite aos profesores ampliar as súas competencias académicas e crear experiencias de aprendizaxe máis colaborativas e atractivas para os estudantes.
  • En xeral, axuda a democratizar o ensino e a aprendizaxe..

Exemplos de Educación aberta

Open Dialogues: Maja Krzic

 A profesora Maja Krzic da Universidade British Columbia comparte como os REA melloran o seu curso de Edafoloxía ou Ciencias do Solo.

 

Transcrición do vídeo Open Dialogues


Wikiproxectos

Páxina web que ten como obxectivo crear, mellorar e ampliar os artigos da Wikipedia, ademais de contribuír engadindo referencias bibliográficas e subindo imaxes e mapas, relacionadas coas entradas, a Wikipedia Commons. Os usuarios coordínanse para co-crear o contido.

 

 

Razóns para usar REA na aula


Colaborar en pedagoxía aberta

A continuación amósanse algunhas formas nas que os docentes poden beneficiarse da experiencia do persoal da biblioteca, respecto á  implantación da pedagoxía aberta.

  • Revisión por Pares​: Os profesionais de biblioteca teñen experiencia en alfabetización informacional e accesibilidade dixital. Polo tanto, poden axudarte a revisar e aliñar os teus REA aos requisitos de accesibilidade e aos obxectivos da alfabetización informacional da túa institución.
  • Compartición de recursos: O persoal de biblioteca ten coñecementos sobre metadatos, licenzas de uso e organización dos recursos de información dixital, que permite un mellor intercambio e interoperatividade dos REA que creases.
  • Tecnoloxías de participación: Os profesionais de biblioteca teñen experiencia coas plataformas de autoría e publicación, e coa Web 2.0. Polo tanto, poden guiarte no uso destas tecnoloxías, cara ao deseño de proxectos e contidos de curso que involucren os estudantes cos REA.
  • Comunidade conectada: Como representantes da biblioteca da túa universidade, o persoal da mesma pode axudarte a explorar novas canles e enfoques para a divulgación dos REA e a construción dunha comunidade. Tamén poden ser socios potenciais en presentacións e capacitacións que inspiren a outros a participar en REA.

    .

Outros recursos de interese

Claves para a creación de REA. Proxecto EDIA

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons