Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Recursos Educativos Abertos: Curación

Curación

Curación de contidos

Este apartado inclúe información para axudar a encontrar, avaliar, adaptar e compartir recursos educativos abertos para cumplir cos resultados e obxectivos de aprendizaxe. O apartado tamén ofrece información sobre como describir e organizar os REA para facilitar o seu descubrimento por parte de futuros usuarios.

 

Consellos para comezar

  • Considera a colaboración. Co obxectivo común de cumplir cos resultados de aprendizaxe dos estudantes, os docentes e o persoal da biblioteca poden traballar xuntos para construír buscas e avaliar a adecuación dos REA.
  • Realiza as túas buscas en repositorios recoñecidos. Busca repositorios de REA de referencia e buscadores de dominio público e contido aberto (imaxes, vídeos, etc.) para explorar o que xa existe.
  • Familiarízate coas licenzas abertas e a accesibilidade. Se eres profesor, recorda que a maioría das bibliotecas da túa institución teñen persoal con experiencia en accesibilidade e experiencia en licenzas abertas.
  • Determina os teus criterios de avaliación. Os criterios deben incorporar o cumprimento dos obxectivos e resultados de aprendizaxe, a calidade do contido, o rigor e incluso os formatos dos recursos. Consulta as rúbricas de avaliación que se ofrecen neste apartado para obter axuda.

Colaboración na curación dos REA

O persoal da biblioteca aporta coñecementos e habilidades específicas no proceso de descubrimento e curación dos REA, tal e como se describe a continuación.

Que poden facer as bibliotecas

  • Axudar o profesorado a identificar os materiais existentes de REA, de cualquera tipoloxía e incluíndo alternativas aos libros de texto
  • Utilizar as habilidades de busca avanzada para encontrar exactamente o que o profesorado necesita
  • Dar opcións sobre as formas nas que os estudantes poden acceder aos recursos
  • Asesorar sobre como facer que os recursos sexan máis accesibles
  • Asesorar sobre cuestións de dereitos de autor e copyright
  • Asesorar sobre o uso de licenzas Creative Commons

O que as bibliotecas (probablemente) non poden facer

  • Estar completamente informadas sobre a túa área temática
  • Decidir sobre a calidade e conveniencia dun recurso
  • Elixir o teu libro de texto ou material do curso
  • Interferir na túa liberdade académica

Atribución:

Texto derivado de “How Libraries can Help”, en CCCOER: Faculty and Librarians Selecting High Quality OER , por Tina Ulrich, baixo a licenza CC BY 4.0

Este seminario web analiza os catro roles clave que desempeñan as bibliotecas á hora de dar apoio ao profesorado: investigador, curador, educador e creador de contido. Tamén aborda as ferramentas que o persoal da biblioteca utiliza no seu traballo relacionado cos REA. Pódese descargar a transcrición do vídeo aquí.

REA

Descrición xeral da curación de contidos dos REA

Máis que simplemente recompilar contido sobre un tema específico, a curación ideal implica seleccionar coidadosamente o contido e avalialo para un propósito específico. Cuando os REA son parte do proceso de curación, o contido que se considera útil durante o proceso de avaliación pode ser personalizado polo curador e compartido de novo para futuros usuarios.

A continuación amósase unha descrición xeral dos procesos e pasos involucrados na curación de contidos dos REA.

Buscar

  • Busca en repositorios educativos e nas coleccións de REA do teu repositorio institucional
  • Realiza buscas utilizando palabras clave e filtros para o tipo de material que che interese, como por exemplo “libros de texto de química orgánica," e “vídeos sobre reaccións de substitución”

 Avaliar

Adoptar ou Adaptar

  • Adopta o recurso "tal cal" descargándoo, imprimíndoo ou enlazándoo.
  • Se é necesario, adapta ou mestura o recurso utilizando ferramentas de autoría de REA como Open Author, ou conta co apoio do persoal da biblioteca.

Organizar e Compartir

  • Accede a ferramentas en liña que poden axudarte a organizar o teu REA para o seu uso posterior e para compartir
  • Agrega descritores ou palabras clave para que outros poidan atopar e usar o recurso, e selecciona a licenza apropiada.

Atribución:

O texto procede do recurso Content Curation: Finding the Needles in the Haystacks, de Christopher Lister, Roaming Educator, baixo licenza CC-BY-NC-SA 4.0 International.

 

Procesos para curar OER por ISKME, con licenza CC-BY 4.0.

Buscar

Existe unha gran cantidade e variedade de REA, entre os que se atopan os libros de texto abertos, cursos, imaxes, recursos multimedia e datos. Poden identificarse buscando en motores de busca como Google (con filtros de dereitos de autor), pero é máis doado atopalos a través de portais e repositorios especializados ou exclusivos de REA. A continuación, lístase unha mostra dos mesmos.

A continuación, proporciónase información de varias plataformas que ofrecen coleccións de libros de texto abertos.

  • BCcampus Open Textbooks - enumera os libros de texto abertos en varias áreas temáticas. Tamén inclúe un directorio doutros sitios de libros de texto abertos e unha guía para usar libros de texto abertos.
  • OpenStax Textbooks - proporciona libros de texto abertos que son revisados por pares por parte dos educadores, e poden reutilizarse e mesturarse para aliñarse cos requisitos xerais do curso.
  • The Open SUNY Textbook - Os libros de texto están dispoñibles para que calquera poida acceder, descargar e reutilizar segundo os termos das licenzas abertas.

Os repositorios educativos proporcionan exclusivamente coleccións de REA, de diferentes niveis educativos, tipoloxía de material, formato, etc Os filtros axudan a limitar os resultados segundo os intereses.

  • Red de Recursos educativos en Abierto-Procomún - iniciativa do Ministerio de Educación y Formación Profesional (MEFP) que se sustenta sobre o Proyecto Agrega e está destinado a usos educativos e de aprendizaxe, fundamentalmente por parte da comunidade docente e o alumnado, pero tamén polo público en xeral.
  • MDX (Materials Docents en Xarxa) - repositorio cooperativo que contén materiais e recursos dixitais resultantes da actividade docente que se leva a cabo nas universidades membros. É un proxecto das universidades participantes e o Consorci de Serveis Universitaris de Catalunya (CSUC), e conta co soporte da Generalitat de Catalunya
  • Merlot - repositorio educativo de referencia, que contén unha gran colección de REA revisada por pares e deseñada principalmente para que profesores, persoal e estudantes de educación superior de todo o mundo compartan os seus materiais de aprendizaxe. Tamén permite a compartición de experiencias sobre a educación con colegas especialistas.
  • OER Commons -repositorio educativo creado por ISKME (Study of Knowledge Management in Education) en 2007, con obxectivo de ofrecer REA ao profesorado. Ten unha comunidade de práctica (docentes e estudantes ) que valoran a calidade e idoneidade dos recursos e tamén os enriquecen con metadatos cando os etiquetan, clasifican e revisan. Inclúe unha ferramenta de autoría integrada para remesturar e localizar contido.

As coleccións amosadas a continuación, ofrecen unha variedade de imaxes e recursos multimedia para o seu uso e integración na docencia.

  • Creative Commons - Images - Sitio web no que os usuarios poden buscar imaxes con licenzas CC contidas en varias fontes (Flickr, Smithsomian Institute, Europeana, etc).
  • Flirck - Sitio web que permite buscar imaxes de Flickr con licenzas CC.
  • Getty Institute Open Images - Base de datos de busca de imaxes con licenza Creative Commons baixo o programa de contido aberto de Getty.
  • TED Talks - Colección de videos de TED. Todos teñen licenza Creative Commons, a menos que se indique o contrario.
  • Vimeo- Creative Commons y YouTube Edu Colección de videos con licenzas CC. Pódense atopar usando as opcións de busca avanzada en ambas plataformas

Os datos abertos poden incluír material non textual, como datos baseados en mapas, fórmulas matemáticas e científicas, datos médicos, datos demográficos, datos financeiros, etc. As coleccións enumeradas a continuación están dispoñibles para ser utilizadas, reutilizadas e compartidas por calquera persoa.

  • Catálogo de datos gov.es Iniciativa de datos abertos do Goberno de España, co fin de promocionar a apertura da información pública e o desenvolvemento de servizos avanzados baseados en datos. Promovida polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital e a Entidade Pública Empresarial Red.es.
  • Open Data Canada - Sitio web que ofrece os conxuntos de datos abertos do Gobierno de Canadá, que inclúen datos demográficos, financeiros, de mapas, etc.
  • Portal de datos abiertos de la UE - Portal que contén unha variedade de datos abertos en todos os dominios de políticas da UE, incluída a economía, o emprego, a ciencia, o medio ambiente e a educación.
  • Data.gov - Portal que inclúe datos federais de EE.UU. Con ligazóns a estados, cidades e condados de EE.UU. Con sitios web que proporcionan datos abertos. Os datos non federais dispoñibles a través de Data.gov poden ter licenzas diferentes ás licenzas abertas.

Atribución:

Texto adaptado do BCcampus Faculty OER Toolkit, do BCcampus,con licenza CC BY 4.0. Tamén engadíronse exemplos adaptados ao contexto español.

Evaluar

As mellores rúbricas de avaliación de REA inclúen criterios de avaliación tradicionais que indican a calidade editorial dun recurso. Tamén inclúen criterios como a portabilidade dos recursos e a súa efectividade para involucrar aos alumnos. A continuación, amósanse algunhas rúbricas para avaliar REA.

Usa (ou tamén adapta) esta ferramenta de avaliación de REA, que foi creada orixinalmente por Achieve, Inc.; unha organización educativa sen fins de lucro con sede nos EE.UU e líder no desenvolvemento de rúbricas de avaliación de REA.

A ferramenta deseñouse para o contexto de educación superior de OCLS (sistema de bibliotecas do condando de Orange). Componse de oito rúbricas para avaliar REA, que van desde a adecuación do recurso aos obxectivos de aprendizaxe ao grao de cumprimento dos estándares de accesibilidade.

Podes descargar a ferramenta nos seguintes formatos:

Para as revisións de libros de texto abertos, recoméndase utilizar os criterios específicos para este tipo de recurso. Por exemplo, a rúbrica da BC Open Textbook Review Criteria. Os criterios específicos enumerados inclúen a exhaustividade, a organización e a fluidez, e a relevancia cultural do contido do libro de texto.

Podes descargar a rúbrica nos seguintes formatos:

A Accessibility for Ontarians with Disabilities Act (AODA) require que as institucións proporcionen todos os recursos nun formato accesible "a demanda". Non hai pautas específicas para a accesibilidade, debe cumprir coa necesidade do estudante que solicita o formato accesible. Sen embargo, como educadores, temos obligacións éticas para garantir que os cursos sexan totalmente accesibles para todos os estudantes, incluídos aqueles con discapacidades.

Aínda que se teña en mente e se coide a accesibilidade, os recursos de aprendizaxe poden crear barreiras que dificulten ou imposibiliten a aprendizaxe. Usa a Accessibility Checklist, cos estándares de accesibilidade. A listaxe de verificación axudará a garantir que todos os estudantes teñan acceso aos recursos curados.

Podes descargar a listaxe de verificación nos seguintes formatos:

Adoptar ou adaptar

Se se requiren cambios ou modificacións no recurso de aprendizaxe en función dos resultados de avaliación se poden utilizar as guías e ferramentas que se listan a continuación.

Module Builder é unha ferramenta que permite aos autores crear visualizacións de contido orientadas tanto aos estudantes como aos profesores. Recoméndase que os autores inclúan resumos, textos de apoio pedagóxico e instrucións para os estudantes e outros usuarios do recurso.

Module Builder é unha ferramenta dispoñible a través de OER Commons. OER Commons e o seu conxunto de ferramentas Open Author.

MERLOT’s Content Builder proporciona modelos para crear sitios web a medida cunha variedade de deseños, incluídas estruturas de portafolios dixitais, unidades didácticas, cursos en liña e outros.

Organiza e comparte

Hai moitas formas de compartir REA. Podes publicalos no teu repositorio institucional, ou nun repositorio educativo de referencia, e obter unha ligazón permanente (handle) para que poidas difundilo; xa sexa no teu blog persoal, aula, campus virtual ou compartilo cos teus colegas en redes sociais. A continuación amósase información para axudarte a describir, organizar e asignar unha licenza ao teu REA para permitir o uso posterior.

The OER Commons ofrece interfaces para que os usuarios seleccionen as listaxes de descritores recomendados, ou para que creen taxonomías personalizadas para describir e organizar REA en coleccións persoais ou compartidas de diferentes temáticas ou cursos específicos.

Herramientas

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons