Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Recursos Educativos Abertos: Creación

Creación

Creación

Xa sexa individualmente ou en grupo, este módulo ofrece información e ferramentas para axudar ao profesorado a crear novos REA, e tamén a adaptalos, para o ensino e a aprendizaxe.

 

Consellos de deseño de REA

Presentámosche esta listaxe de consellos para crear REA reutilizables e que se poidan compartir. Podes pedir axuda da biblioteca ao longo do proceso.

  • Empeza polo que xa existe Busca nas coleccións existentes que conteñen recursos de calidade, como a biblioteca da túa institución. Ten en conta tamén os materiais educativos que creaches anteriormente, que poden estar dispoñibles offline.
  • Faino accesible É importante asegurarte que os recursos que creas son accesibles a todos os estudantes. Ten en conta que supón máis traballo facer accesibles REA xa existentes que crear un REA accesible desde o principio. Usa a listaxe de requisitos de accesibilidade como guía para o teu traballo.
  • Faino adaptable Canto máis modular sexa o teu contido, máis doado será reutilizalo por parte dos futuros usuarios. Se estás a traballar nun  libro de texto aberto, separa o contido en capítulos e subcapítulos. Se é posible, ofrece unha versión do teu recurso nun formato editable, como  por exemplo, .docx ou Google Docs.
  • Faino aberto Selecciona e indica claramente a Licenza Creative Commons para os teus recursos. Se inclúes outros materiais externos no teu recurso, selecciona aqueles que estean en aberto. Consulta o Licensing Module desta ferramenta para información sobre como elixir unha licenza aberta, ou contacta coa tua biblioteca para solicitar axuda.
  • Faino descubrible Traballa co persoal da biblioteca para determinar a mellor plataforma para compartir o recurso con outros. O persoal da biblioteca tamén pode aconsellarte sobre como engadir descriptores apropiados que faciliten que o teu REA sexa atopado.
  • Invita á crítica Avalía o teu recurso utilizando unha rúbrica rigorosa como a Comprehensive OER Evaluation Rubric (Rúbrica de Evaluación REA Integral). Pide aos teus colegas que revisen o recurso utilizando a rúbrica de avaliación. O desenvolvemento dun REA é un proceso iterativo, así que trata de actualizar regularmente o teu REA.

Información adicional:

REAs

Por que crear REA?

  • Contribúes ao intercambio de coñecemento; co que podes obter novas ideas e difundir os teus materiais
  • Amplía o teu perfil académico
  • Proporciona materiais máis relevantes e atractivos para os estudantes
  • Reduce os custos para os estudantes

Atribución:

Texto derivado de BCOER Poster,  de BCcampus,  baixo unha licenza CC BY 4.0

 

Exemplos de creación de REA

Creando REA e combinando Licenzas Parte 1.

Neste vídeo animado, Michelle desenvolve un capítulo sobre metabolismo para un libro de texto aberto. Para o texto do capítulo usa as súas notas de clase e busca imaxes e exercicios con licenzas abertas para acompañar o texto. Tamén decide que Licenza Creative Commons aplicar ao seu capítulo terminado antes de compartilo.

 

Creando REA y combinando Licencias Parte 1 transcripció del vídeo.


Volvendo ao público na Educación Superior Pública

Observa como Robin DeRosa describe como os seus estudantes de Plymouth State axudan a crear os seus propios materiais de curso con materiais de dominio público reducindo así drásticamente os seus custos.

 

Volvendo ao público na Educación Superior Pública transcrición vídeo

Nota: Para máis información sobre como elixir unha licenza aberta para o material que creas, consulta o Módulo de Licenzas desta ferramenta, ou contacta coa túa biblioteca para solicitar axuda.

 Guías para crear REA

Listaxe de requisitos de Accesibilidade

Non existen pautas específicas para o que é accesible, aparte de que debe satisfacer a necesidade do estudante que solicita o formato accesible. Sen embargo, como docentes, se ten a obligación ética de garantir que os cursos sexan totalmente accesibles para todos os estudantes, incluíndo aqueles con necesidades especiais.

A menos que se elaboren coidadosamente tendo en conta a accesibilidade, os recursos educativos poden crear barreiras que dificultan ou imposibilitan a aprendizaxe. Utiliza os seguintes materiais para asegurarte que os recursos que creas son accesibles a todos os estudantes.

Podes descargar a listaxe de requisitos nos seguientes formatos:

Ferramenta de accesibilidade

Ferramentas de autoría e depósito

Algunhas das ferramentas para crear e editar REA son gratuítas, pero outras son de pago. Por outra parte, ten en conta que algunhas delas requiren que os usuarios cambien as súas configuracións de uso compartido para facer públicos os recursos, ou só poderán permitir o uso compartido con outros usuarios rexistrados e non co público en xeral.

Ferramentas gratuítas

Ferramentas de pago

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons