Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Recursos Educativos Abertos: Licenzas

Licenzas

Licenzas

Os Recursos Educativos en Aberto (REA), baséanse nun conxunto de permisos que habilitan o uso e a modificación de contido educativo. Neste módulo, adquirirás coñecemento sobre o cambio do copyright tradicional ás licenzas en aberto, e como podes aplicar estas licenzas nos traballos que creas, mesturas e compartes. Para obter información adicional sobre os dereitos de autor en particular, podes consultar a Ley de Propiedad Intelectual. A biblioteca da túa universidade tamén pode brindarte axuda en temas relacionados con licenzas e dereitos de autor.

 

 

Kit de inicio rápido sobre licenzas

Wanna Work Together (Queres traballar colaborativamente)?

Cando creas algo, automaticamente eres o poseedor dos dereitos de autor (copyright) dese traballo creativo. Pero a veces o copyright é demasiado restritivo. ¿Que pasa se queres que o teu traballo sexa compartido libremente e construido por todo o mundo? Este vídeo explica como Creative Commons proporciona licenzas de copyright gratuítas para que creadores coma ti poidan establecer como desexan que o público utilice o seu traballo.

 
Transcrición dp vídeo Wanna Work Together?

Turning a Resource into OER (Converter un recurso en REA)

En ocasións, os creadores queren empezar con recursos que xa existen, e mesturarlos convertíndoos en novos REA. Este vídeo amosa os dez pasos que deberás seguir para converter os recursos en REA, desde averiguar quen creou orixinalmente o recurso, pasando por solicitar o permiso para incluílo no teu REA, ata seleccionar unha licenza Creative Commons que lle dirá ao público de que modo desexas que o teu novo recurso sexa utilizado.

 
Transcrición do vídeo Turning a Resource into OER 

Dereitos de autor

Sobre o Copyright

O dereito de autor é importante porque, como profesor, a miúdo usas contido creado por outros e creas contido para que outros o poidan utilizar.

O dereito de autor é unha forma de protección legal que otorga, ao propietario do copyright, os dereitos exclusivos para, entre outras cousas:

  1. Reproducir (copiar)
  2. Distribuír
  3. Comunicar publicamente
  4. Presentar publicamente
  5. Crear "obras derivadas" (por exemplo, traducións, revisións)

Sen o permiso do titular dos dereitos de explotación da obra, ou en base a algunha das excepcións establecidas na Ley de Propiedad Intelectual (LPI), considérase unha infracción da lei de dereitos de autor realizar calquera acción que comporte o exercicio de calquera dos dereitos exclusivos do titular do copyright.

Unha licenza de copyright é una concesión de permiso para utilizar certos dereitos de copyright. As licenzas de copyright a miúdo teñen limitacións específicas que se especifican a continuación. Por exemplo, poden:

  • Estar limitadas no tempo:
  • Conter restricións xeográficas
  • Permitirse para usos educativos dependendo da lexislación)
  • Outorgar permisos só para utilizar determinados dereitos de autor (por exemplo, unha licenza pode outorgar permiso para descargar e distribuír unha obra, pero non o dereito a crear obras derivadas) .

Ao avaliar o alcance permitido de usos, le detenidamente todo o texto da licenza. Usar un traballo dunha maneira que exceda o alcance dos permisos outorgados nunha licenza é considerada unha infracción de dereitos de autor.

As obras no dominio público están exentas da protección de dereitos de autor, debido á expiración dos seus dereitos de autor ou por designación do titular dos dereitos de autor. Este contido pode ser utilizado de calquera maneira por calquera persoa, sempre que se faga mención á autoría da obra. En España, os dereitos de autor (artigo 15 da LPI) caducan 70 anos despois da morte ou declaración de falecemento do creador, sen prexuízo do establecido no artigo 40.

Consulta esta infografia sobre o dominio público en España, elaborada por REBIUN con licenza CC-BY

Solicitar Permisos

Segue esta listaxe de verificación simplificada para determinar os permisos de uso dos recursos que atopes en liña:

  • Revisa coidadosamente o recurso que desexas utilizar e calquera información que o rodee para identificar a información da licenza..
  • Tamén consulta as páxinas "acerca de" e "termos de uso" do sitio web do recurso para obter información sobre permisos e licenzas..
  • Se non podes atopar un símbolo ou unha declaración que faga referencia a que usos da obra están previstos, debes presumir sempre que o propietario dos dereitos conserva todos os dereitos de forma exclusiva

 

Solicitar permiso

Utiliza as pautas que se indican a continuación para identificar se necesitas solicitar permiso do titular dos dereitos de autor ao reutilizar materiais existentes como REA. Tamén podes comunicarte coa biblioteca da túa universidade para obter axuda para determinar se o seu uso atópase dentro dunha excepción ou licenza de dereitos de autor, ou se se require permiso.

  • NON necesitas pedir permiso se:
    • O recurso está en dominio público. Sen embargo, ten en conta que, neste caso, os recursos poden conter dentro deles obras protexidas por dereitos de autor, así que deberás examinar o recurso e ler coidadosamente os termos de uso
    • O seu uso previsto atópase dentro dunha excepción ou limitación de dereitos de autor.
    • A forma na que desexas utilizar o recurso cumpre cos termos dunha licenza de dereitos de autor que se aplique ao teu caso (é dicir, xa obtiveches permiso).
  • DEBES pedir permiso se:
    • Desexas utilizar un recurso que está protexido por dereitos de autor e o uso previsto infrinxiría a lei de dereitos de autor; salvo nos casos previstos na LPI
    • Desexas utilizar un recurso dunha maneira que va máis aló do alcance previsto no permiso ou licenza outorgado polo titular dos dereitos sobre a súa obra.
  • DEBERIAS considerar pedir permiso se:
    • Non estás seguro de se o seu uso previsto está permitido por unha licenza de copyright aplicable.
    • Non estás seguro de se unha obra está protexida por dereitos de autor.
    • Non estás seguro de se o seu uso previsto cae dentro dunha excepción ou limitación de dereitos de autor.

 

Atribución:

 

Texto baseado na Permissions Guide for Educators, do ISKME, licenciado baixo CC BY, 4.0.

Obras protexidas pola Lei de Propiedade Intelectual

Consulta esta infografia sobre as obras protexidas pola Lei de Propiedade Intelectual española , elaborada por CEDEC, con licenza CC-BY-SA, en base ao Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de propiedad Intelectual.

 

 

Copyleft e licenzas abertas

Sobre Copyleft y licencias abiertas

Copyleft é unha estratexia para propiciar o dereito dos autores a copiar, compartir, modificar e mellorar libremente as obras creativas e as versións modificadas das mesmas.

Copyleft, como concepto, xeralmente impleméntase nos detalles dunha licenza de copyright específica, como a Licencia Atribución Creative Commons ou a Licencia Pública General GNU que permite o acceso sen custo, uso, adaptación e redistribución sen restricións ou con restricións limitadas. Os titulares de dereitos de autor de obras creativas poden elixir estas licenzas para as súas propias obra e, deste modo, construír comunidades que compartan e melloren as súas obras creativas.

Atribución:

A definición de copyleft extraeuse do recurso wiki ¿Qué es el Copyleft? de Copyleft.org, licenciado baixo CC BY-SA 4.0

As licenzas en aberto apoian aos creadores que desexan compartir as súas obras libremente, e permiten a outros usuarios unha maior flexibilidade para reutilizar e compartir as obras dos creadores. Os beneficios específicos inclúen:

  • Permitir que outros distribúan o traballo libremente, o que á súa vez promove unha circulación máis ampla que se un individuo ou grupo conservara o dereito exclusivo de distribuír;
  • Reducir ou eliminar a necesidade de que outros soliciten permiso para usar ou compartir o traballo, o que pode levar moito tempo, especialmente se o traballo ten moitos autores;
  • Permitir que outros poidan mellorar ou aportar valor engadido ao traballo orixinal; e
  • Animar a outros a crear novas obras baseadas no traballo orixinal, por exemplo, traducións, adaptacións ou obras cun alcance ou enfoque diferente.

Os REA xeralmente teñen licenza baixo un sistema de licenzas en aberto, sendo o máis popular o de Creative Commons (CC) licensing system.

Atribución:

O texto esta baseado na guía Guide to Open Licensing, by Open Knowledge International, licenciada baixo CC BY 4.0

As licenzas Creative Commons permiten aos creadores reter certos dereitos mentres renuncian a algúns dereitos . Hai seis tipos de licenza Creative Commons (consulta o portal web de Creative Commons para máis información e exemplos sobre cada licenza). Todas requiren atribución aos creadores orixinais; quenes poden agregar outras restricións, como o uso non comercial ou ningunha obra derivada. As seis licenzas inclúen:

  • CC0 En xeral, podes tratar o recurso coma se fose de dominio público.
  • CC BY Requírese atribución ao autor / creador..
  • CC BY-SA Requírese atribución, e tamén se acepta que se creen novas versións, derivadas do recurso orixinal, e que éstas se licencien baixo CC BY-SA.
  • CC BY-NC Requírese atribución e só un uso non comercial. .
  • CC BY-ND Requírese atribución e non se permiten traballos derivados.
  • CC BY-NC-ND Esta licenza é a máis restritiva das seis licenzas principais. Permite que outros descarguen os seus traballos e os compartan con outros sempre que o mencionen e o vinculen, pero non poden cambialos de ningunha maneira nin usalos comercialmente..

Mira o video (ou le a súa transcrición) ; que explica as seis licenzas Creative Commons, a cargo de Creative Commons Aotearoa Nueva Zelanda.

Condicións de Licenzas en aberto

Como creador de REA, podes elixir as condicións de reutilización e modificación seleccionando unha ou máis das restricións que se enumeran a continuación:

 

Attribution (BY) icon

Atribución (BY)

Permites que outros copien, distribúan, amosen e realicen o teu traballo protexido por dereitos de autor, e os traballos derivados baseados nel, pero só se outorgan os créditos da maneira que o solicitas.


Non-commercial (NC) icon

Non comercial (NC)

Permites que outros copien, distribúan, amosen e realicen o teu traballo, e os traballos derivados baseados nel, pero só con fins non comerciais.


Share Alike (SA) icon

Compartir igual (SA)

Permites que outros distribúan traballos derivados só baixo unha licenza idéntica á licenza que rixe o teu traballo


No Derivative Works (ND) icon

Sen obras derivadas (ND)

Permites que outros copien, distribúan, amosen e realicen só copias literais do teu traballo, non traballos derivados baseados nel.


Atribución:

Texto baseado en definicións proporcionadas no  informe A Basic Guide to Open Educational Resources, por  Commonwealth of Learning, licenciado baixo CC BY-SA 4.0


Para entender mellor a combinación das licenzas Creative Commons, consulta este vídeo.

Consulta esta infografia sobre as licenzas Creative Commons, elaborada por REBIUN con licenza CC-BY

Proba os teus coñecementos

Xogo de licenzas abertas para REA

Utiliza esta actividade interactiva de relacionar para comprobar o teu coñecemento sobre licenzas Creative Commons.

Versión accessible do xogo en rft 

Caso práctico "Alicia en el país de las maravillas"

Realiza esta actividade interactiva para crear un REA, tendo en conta os dereitos de autor e as licenzas abertas

Recursos adicionais

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons