Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Recursos Educativos Abertos: Colaboración

Colaboración

Colaboración

O uso de licenzas abertas fomentan as aportacións e intercambio de REA, promovendo a colaboración entre profesores, estudantes, persoal da biblioteca e institucións. Este módulo aborda os beneficios e modos de colaboración e proporciona exemplos de REA colaborativos; así como modelos para involucrarse neles.


 

Por que hai que colaborar?

Open Education Matters Short Video

O vídeo Open Education Matters explica como os REA permiten establecer vías para a colaboración entre persoas que comparten intereses, mellorando a calidade dos recursos educativos e permitindo unha educación máis equitativa para todos. Tamén podes descargar o documento da transcrición.

4 razones para colaborar

  • Calidade de materiais didácticosO estudo realizado por Sapire e Reed (2001) amosou que a colaboración do profesorado no redeseño dos contidos dos cursos abertos mellorou a calidade dos materiais didácticos, concretamente na capacidade dos contidos para andamiar a aprendizaxe dos estudantes a través de dominios de coñecemento e ofrecer unha aprendizaxe mellorada baseada na indagación.
  • Aprendizaxe dos estudantes O estudo de Azzam (2017) amosou que a edición colaborativa de artigos da Wikipedia por parte de estudantes de medicina mellorou as súas competencias médicas básicas, á vez que lles axudou a construír as súas identidades como contribuíntes dixitais e médicos socialmente responsables. O estudo tamén revelou como a participación dos estudantes na elaboración dos contidos contribuiu a mellorar a calidade dos contenidos sobre saúde dispoñibles no dominio público.
  • Aprendizaxe do profesoradoPetrides et al. (2011) descubriron que a colaboración entre colegas na incorporación dun libro de texto en acceso aberto nun curso de estatísticas, levou aos participantes a aumentar as súas prácticas de colaboración nos esforzos de planificación de cursos posteriores.
  • SostibilidadePetrides et al.. (2008) descubriron que cando os docentes colaboraban na creación de REA, tiñan máis probabilidades de continuar creando e compartindo contido en liña de maneira constante e continua, o que suxire que as comunidades e a colaboración xogan un papel importante no mantemento dos REA.

Traballos citados:

  • Azzam, A. (2017). Why medical schools should embrace Wikipedia: Final-year medical student contributions to Wikipedia articles for academic credit at one school. Academic Medicine, Vol. 92, No. 2.
  • Petrides, L., Jimes, C., Middleton-Detzner, C., Walling, J. and Weiss, S. (2011). Open textbook adoption and use: Implications for teachers and learners. Open Learning: The Journal of Open, Distance and E-Learning, Vol. 26, Issue 1: 39.
  • Petrides, L., Nguyen, L., Jimes, C., and Karaglani, A. (2008). Open educational resources: Inquiring into author use and reuse. International Journal of Technology Enhanced Education, Vol. 1, No. 1-2: 98-117.
  • Sapire, I. and Reed, Y. (2011). Collaborative design and use of open educational resources: A case study of a mathematics teacher education project in South Africa. Distance Learning, Vol 32, No. 2: 195-211.

Que poden aportar os estudantes, o profesorado e as bibliotecas aos REA?

A continuación compártense algunhas experiencias sobre como os estudantes, o profesorado e as bibliotecas poden contribuír ao desenvolvemento e implementación dos REA.

  • As súas preferencias sobre os tipos de contidos para os tipos e formatos dos contidos educativos, tendo en conta os que lles son máis útiles
  • As súas preferencias sobre como lles gustaría acceder aos contidos das súas materias
  • Opinións e comentarios sobre a calidade ou efectividade dos materiais de aprendizaxe para a súa propia aprendizaxe
  • Experiencias de como se pode participar no desenvolvemento de materiais de aprendizaxe, aportando contidos ou integrando información xa dispoñible
  • Coñecemento dos obxectivos das materias
  • Comprensión das necesidades dos estudantes e os distintos modelos de aprendizaxe
  • Experiencia na avaliación de recursos educativos para o seu uso e aplicación nas materias
  • Experiencia na elaboración e creación de contidos educativos
  • Experiencia na diversidade de enfoques pedagóxicos e a súa implementación curricular
  • Experiencia en accesibilidade
  • Coñecemento sobre aspectos relacionados cos dereitos de autor, as súas limitacións e de como seleccionar e aplicar licenzas abertas
  • Coñecemento sobre os servizos de busca e descubrimento de contidos académicos, así como de formación para que os seus usuarios sexan autosuficientes nestes procesos
  • Experiencia en cales son as mellores alternativas para compartir recursos para audiencias futuras
  • Experiencia na implementación de tecnoloxía orientada á autoría de contidos e a súa publicación en liña
  • Experiencia xeral en alfabetización informacional
  • Coñecemento dos contidos educativos dos cursos universitarios

A continuación amósase un exemplo para o desenvolvemento de REA. Os roles (estudantes, persoal da biblioteca ou profesorado) que participan en cada fase do proceso identifícanse cunha etiqueta na parte superior da fase. Nalgúns casos, dous ou máis roles superpóñense para apoiar o proceso REA, como se amosa no diagrama. Aínda que non figuran na listaxe, outros colaboradores tamén poden desempeñar un papel en calquera proceso REA, como deseñadores instrucionais, servizos de accesibilidade e a librería do campus.

  • Biblioteca

    PDI

  • Identificar resultados e obxectivos de aprendizaxe

  • Biblioteca

    PDI

    Estudantes

  • Atopar e adaptar os REA existentes ou crear novos REA

  • Biblioteca

  • Describir, almacenar e compartir os REA

  • PDI

    Estudantes

  • Implementar os REA cos estudantes

  • Biblioteca

    PDI

    Estudantes

  • Avaliar e revisar os REA

Formas de colaborar

Existen múltiples formas de colaboración, entre profesores e estudantes, na creación e uso de REA. As que se amosan a continuación tan só son algunhas ideas para empezar.

O programa Wiki Education's Classroom Program ten como obxectivo involucrar aos estudantes en proxectos colaborativos de creación de REA. Os profesores sustitúen os traballos de investigación tradicionais con tarefas nas que os estudantes teñen que buscar e redactar texto sobre temas relacionados co contido das súas materias (e que poden estar pouco representados na Wikipedia). Os estudantes sintetizan a literatura dispoñible, a referencian e usan ferramentas para agregar a información a Wikipedia.

Os profesores que se inscriben no Programa teñen aceso gratuíto ás súas ferramentas e ao persoal de apoio.

Open Textbook Sprints son sesións de escritura colaborativa inspiradas nos ‘sprints’ que se utilizan nalgunhas metodoloxías de desenvolvemento de software. O seu obxectivo é crear un libro de texto desde cero e nun período de tempo moi curto. Para iso reúnense profesores, deseñadores instrucionais, bibliotecarios, facilitadores, etc. para escribir un libro de texto aberto e dispoñible en liña.

 

Atribución:

A definición dos “Open Textbook Sprints” deriva da definición proporcionada en Roundup of the Geography Open Textbook Sprint, by de BCcampus, dispoñible baixo unha licenza CC BY 4.0

A revisión de libros de texto publicados baixo unha licenza aberta é tamén unha forma de colaborar no desenvolvemento dos REA.

O seguinte diagrama de fluxo Faculty, are you ready to FREE the TEXTBOOK?, elaborado pola Universidad de Ontario, é unha mostra das oportunidades de colaboración entre as bibliotecas e o profesorado na busca e identificación de contidos abertos para as súas materias. Ponte en contacto coa túa biblioteca para iniciar a localizar REA ou para publicar en acceso aberto os teus propios contidos.

 

Como participar

Ferramentas

Sprint de libros de texto abertos - Listaxe de verificación

A continuación amósanse algunhas recomendacións para conseguir que os sprint de libros de texto aberto sexan máis produtivos. Ao configurar o sprint, hai que ter en conta que un libro de texto aberto non está destinado a ser só un libro de texto convencional con licenza aberta. É un texto vivo que se poderá actualizar e adaptar a cursos e necesidades específicas dos estudantes.

 

Atribución:

A listaxe de verificación para mellorar os Open TextBook Sprint realizouse a partir de How To Turn A Great Idea Into An Open Textbook In Just Four Days,, de BCcampus, dispoñible baixo unha licenza CC BY 4.0, e How To Collaboratively Develop Open-Source Textbooks, de Free High School Science Texts, dispoñible baixo unha licenza CC BY,

  • Construír un equipo forte
    Céntrate no traballo do equipo. Recluta varios autores para formar un equipo e tamén conta cun facilitador forte e imparcial que non interveña no proxecto. Asegúrate de que a biblioteca estea incluída no equipo e presente durante as sesións de sprint.
  • Adaptar a tecnoloxía ás necesidades dos escritores
    Selecciona unha plataforma de edición compartida e ferramentas de colaboración que estean aliñadas coas habilidades e prácticas tecnolóxicas dos autores.
  • Establecer un proceso de fluxo de traballo iterativos
    Introduce un ciclo iterativo de escritura, retroalimentación e edición, con ciclos curtos de retroalimentación integrados en todo momento.
  • Articular tarefas pequenas
    Divide as asignacións de contido en fragmentos manexables para garantir unha mellor finalización e puntualidade.
  • Facilitar o Sprint
    Antes de empezar, prepara unha selección de materiais con licenza aberta que poda ser de uso inmediato durante o sprint.
  • Promover o autocoidado
    Se dispós de recursos, contrata a algún activo de reforzo (por exemplo profesor de ioga) para axudar ao teu equipo, xa que estar no teclado durante moitas horas ao día pode afectar ao corpo.

How to collaboratively develop open-source textbooks (in hindsight!)

Esta guía elaborada pola Free High School Science Texts proporciona consellos sobre como implementar un proxecto para elaborar libros de texto abertos de forma colaborativa.

 

OER Authoring Tools

Existen moitas plataformas web que poden resultar útiles aos profesores no desenvolvemento de REA colaborativos e libros de texto abertos. Entre outras cabe destacar:

  • Rebus Open Textbook Community, con sede en Canadá, é un espazo en liña para apoiar aos educadores no desenvolvemento colaborativo de libros de texto abertos.
  • OpenStax Community Hub ofrece unha ferramenta de autoría e xestión do grupo de traballo para facilitar a autoría colaborativa na elaboración de libros de texto OpenStax, que poden abranguer tanto matemáticos, ciencias, como ciencias sociais ou humanidades.
  • A Ryerson University de Toronto está traballando no desenvolvemento dunha contorna para a autoría de libros de texto abertos baseada en Pressbooks.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons