Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Recursos Educativos Abertos: Defensa

Defensa

Defensa

O uso dos REA ten un gran potencial para transformar a educación. A súa promoción é un proceso básico para abordar este cambio, e incluílo dentro da axenda de quenes toman as decisións. Este módulo axudará ao profesorado, alummado e persoal da biblioteca a informar sobre o valor dos REA, co fin de influír nas decisións que afectarán á docencia e á aprendizaxe das súas universidades.

Consellos para unha mellor defensa

  • Céntrate no por que Céntrate en destacar por que poden beneficiar os REA ás partes interesadas. No caso dos administradores, podería ser reducir o custo de libros de texto; para os académicos, contribuir con contido de calidade e, para os estudantes, acceder a materiais actualizados.
  • Mantén a obxectividade Escoita e mantén a posición do por que. Ser consciente das reticencias ao cambio, é unha preparación para enfrontarse mellor cos retos.
  • Compromete aos que se involucran Nas primeiras etapas do cambio, inviste gran parte do teu esforzo nos que están escoitando. Eles son os primeiros que poden adoptalo e aliñarse co teu "por que".
  • Reforza o cambio Mantén aos primeiros aliados comprometidos a través de estratexias de reforzo. Busca a súa retroalimentación, amosa o seu traballo e coñece os seus proxectos futuros.
 

Atribución:

O texto está baseado no contido de A Basic Guide to Open Educational Resources,  de Commonwealth of Learning, con licenza de CC BY-SA 4.0

Ferramentas

Pasos para unha defensa exitosa dos REA

Aproveitar as habilidades básicas de promoción

 

A promoción exitosa dos REA require unha variedade de habilidades, coñecementos e intereses, que inclúen:

  • Pasión polo concepto de apertura
  • Claridade sobre os beneficios económicos e pedagóxicos dos REA
  • Información sobre como o contexto de políticas pode restrinxir ou permitir o uso dos REA
  • Comprensión dos proles e os contras dos diferentes acordos de licenza aberta
  • Acceso a exemplos prácticos do uso dos REA para ilustrar puntos clave
  • Coñecemento actualizado dos argumentos a favor e en contra do uso dos REA
  • Capacidade para atraer ao público de maneira efectiva
  • Capacidade para aproveitar aos estudantes, administradores, académicos e persoal da biblioteca como socios de defensa

 

Atribución:

O texto está baseado no contenido de A Basic Guide to Open Educational Resources, de la Commonwealth of Learning, con licenza de CC BY-SA 4.0

Comprender o contexto político

Antes de embarcarse nun esforzo de apoio, é importante revisar as seguintes políticas que poderían afectar a adopción dos REA na súa universidade.

  • As políticas de propiedade intelectual e contratos de traballo Éstas establecen cómo materiais educativos poden ser compartidos ou utilizados por outros. Por exemplo, se unha obra se crea dentro do ámbito laboral do autor, o  empregador ten os dereitos de autor (a non ser que haxa un acordo contrario). Verifique as políticas de propiedade intelectual e os contratos laborais da súa universidade ou comuníquese coa súa biblioteca, ou departamento xurídico, para obter información sobre os dereitos do personal como creadores e compartidores de materiais educativos.
  • Directrices da política de recursos humanos Éstas recollen se a creación de certos tipos de traballos (por exemplo, os recursos de aprendizaxe) constitúen parte da descrición do traballo do persoal, e cales son as implicacións en canto a remuneración e promoción.
  • Directrices de política TIC Éstas establecen o acceso e o uso da tecnoloxía adecuada e o soporte técnico, así como a provisión de control de versións e os sistemas de preservación para os recursos educativos da institución.
  • Directrices de política de desenvolvemento de materiais e garantía de calidade Éstas axudan a garantir a selección, o desenvolvemento, a calidade e a autorización de dereitos de autor das obras que poden compartirse. Esta categoría tamén abrangue as políticas e directrices de desenvolvemento de coleccións de bibliotecas, e se esas políticas apoian explícitamente os REA e o acceso aberto como parte da construción de coleccións.

 

Atribución:

O texto está baseado no contido de A Basic Guide to Open Educational Resources, da Commonwealth of Learning, con licenza de CC BY-SA 4.0

Comprender posibles obstáculos para a adopción de REA

Comprender posibles obstáculos aos REA, e por que as partes interesadas poden ser reticentes á súa adopción, axudará a adaptar mellor a estratexia de apoio a audiencias específicas. A continuación, preséntanse algúns posibles obstáculos para a adopción de REA. Para ver o diagrama completo, descargar o PDF (en inglés).

 

Técnicos

  • Falta de interoperabilidade entre plataformas e ferramentas
  • Falta de cumplimento dos estándares de metadatos
  • Deficiencias nas habilidades técnicas para identificar e crear REA
  • Deficiencias no cumplimento de requisitos sobre accesibilidade e formatos abertos

Económicos

  • Custos de infraestructura tecnolóxica
  • Custos de curación de contido e desenvolvemento
  • Mantemento de contidos e desenvolvemento de melloras
  • Custos de formación

Legais

  • Posibles desaxustes entre as licenzas abertas e as pautas de copyright na contorna académica
  • Falta de coñecemento sobre propiedade intelectual, dereitos de autor e licenzas abertas

Sociais

  • Escepticismo en torno á calidade dos REA
  • Falta de tempo, incentivos ou coñecementos para traballar cos REA
  • Incerteza sobre os cambios pedagóxicos necesarios
  • Falta de fluxos de traballo colaborativos para desenvolver REA

Adaptar a mensaxe

Compartir a túa pasión e motivación como defensor dos REA pode fortalecer a mensaxe que queres transmitir, pero ¿que pasa coa audiencia? Antes de presentar calquera iniciativa de cambio, debes considerar a quen te dirixes e empatizar co teu público.

A comprensión do valor dos REA a nivel institucional e polos órganos directivos é beneficiosa para garantir que se asigne o tempo e o orzamento necesarios para a súa implementación. Algunhas mensaxes clave para abordar o "por que" do beneficio dos REA poden incluír:  

  1. O uso dos REA pode reducir os custos para os estudantes, o cal é beneficioso para a institución no seu conxunto. Por exemplo, a redución no custo de materiais, pode repercutir na disminución das taxas de abandono e contribuír, así, á retención de estudantes
  2. O uso dos REA pode atraer a estudantes potenciais, que consulten os materiales da túa institución e decidan matricularse.
  3. Aumento da visibilidade da institución en internet.
  4. Coa participación do movemento REA, a institución pode incrementar a súa reputación ao aumentar a súa capacidade de proporcionar un ensino e unha aprendizaxe efectivos.

O profesorado, os bibliotecarios, os deseñadores instrucionais, etc son os principais colaboradores no movemento REA. Son os impulsores e promotores de cambios na institución. A mensaxe a este grupo debe centrarse na natureza flexible e adaptable dos REA, que permite actualizacións continuas para garantir a relevancia do contido. Ademais, pódense incluír mensaxes sobre como os REA:

  1. Axudan a desenvolver competencias de deseño instrutivo e capacitación técnica e legal do personal docente aumentan a retención de estudantes ao reducir custos.
  2. Estimulan a creación de comunidades de práctica docente, mediante a colaboración do profesorado e a co-creación de contidos.
  3. Proporcionan unha fonte de inspiración para crear novos materiais.
  4. Garanten a liberdade académica para modificar ou agregar contido relevante ou optimizalo a diferentes contextos.
  5. Contribúen á calidade e actualización dos materiais.
  6. Pode axudar a ampliar o perfil académico ou profesional.

Respecto aos beneficios para os estudantes, pódese explicar que o uso dos REA:

  1. Resulta un aforro directo en materiais e compra de libros de texto
  2. Aporta diferentes perspectivas e proporciona máis variedade los materiais do curso
  3. Mellora as experiencias de aprendizaxe ao promover prácticas de ensino e aprendizaxe máis atractivas
  4. Proporcionan a oportunidade de co-crear coñecemento, fomentando a creatividade e participación activa dos estudantes no proceso educativo

 

Atribución:

Texto adaptado do contido de The Champion's Toolkit, da Alberta OER Initiative, con licenza CC BY-NC 4.0 e da presentación "Recursos Educativos Abiertos (REA) en Educación Superior", de Gema Santos-Hermosa, para a rede REDUNETE (Red Universitaria para la Educación con Tecnología) e EDU@ED 2020

Identificar estratexias de participación de alto impacto

A continuación, preséntanse algunhas estratexias de participación, identificadas polos xestores de proxectos de implementación de REA e que se recomendan para a súa consideración.

  • Presentación formal: Identificar espazos e accións para informar, debater e consensuar con todos os grupos de axentes interesados permite recoñecer o momento clave para implementar cambios. Falar a mesma linguaxe que a audiencia é un trampolín fundamental para o cambio cultural.
  • Compartición informal: Compartir a experiencia persoal é unha excelente maneira de declararse como un defensor dos REA na túa comunidade, e pode atraer tamén o compromiso e o interese doutras persoas.
  • Demostración: O aspecto "descoñecido" do cambio adoita ser a maior barreira. Demostrar os resultados provocados polo cambio e axudar a mostrar os beneficios para as persoas son excelentes maneiras de alixerar o rexeitamento que, a priori, adoita provocar calquera cambio.
  • Impulsores infiltrados: Esto implica identificar as persoas que teñen liderado para impulsar proxectos deste tipo, como abanderados dos REA. Idealmente, estes impulsores serían participantes activos en proxectos de docencia e aprendizaxe con posibilidde de desenvolver REA. 
  • Redes sociais: Publicar e consultar blogs, twitter e listas de distribución son estratexias eficaces para a promoción e divulgación, ademais de para estar ao día na temática REA. Unha boa maneira de comezar é seguir blogs relevantes, contas twitter de expertos, etc .
  • Iniciativas locais e globais de REA: Contacta con grupos de traballo e proxectos de investigación sobre REA, para compartir informacións e tamén para conectarte con outros profesionais que realizan un traballo similar. Por exemplo, o grupo de repositorios de REBIUN, que ten unha acción dedicada aos REA (os creadores deste kit);  a rede europa de bibliotecas European Network of Open Education Librarians, o proxecto OER World Map, etc.

 

Atribución:

Texto derivado do contido dentro de The Champion's Toolkit, da Alberta OER Initiative, con licenza CC BY-NC 4.0

Exemplos

Defensa da biblioteca: que importa aos académicos

Este vídeo, Faculty Perspectives on Open Educational Resources and Open Access, ofrece información sobre como o persoal da biblioteca pode axudar ao persoal docente respecto aos REA (da Association of Research Libraries Leadership Fellows Institute, Brigham Young University”). Tamén se pode consultar a transcrición do vídeo.

Estudantes como socios de defensa

Este video, BC Open Textbooks: Students Advocate, proporciona estratexias para aproveitar aos estudantes como socios do traballo de defensa dos REA (da B.C. Open Textbook Project). Tamén se pode consultar a transcrición do vídeo.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons