Antes de comezar coa busca propiamente dita, haberá que:
Tamén haberá que definir criterios de busca como os seguintes:
Unha vez teñamos os criterios de busca, desenvolveremos a busca como tal, para o que é imprescindible formular unha estratexia axeitada que siga os seguintes pasos:
1. Definir nunha ou varias frases curtas o tema do traballo.
2. Buscar todos os conceptos clave contidos nesta ou nestas frases, tanto en castelán como en inglés. Hai que ter en conta sinónimos, variantes ortográficas, termos relacionados, plurais, … Se a revisión dos rexistros obtidos, ao final do proceso, non é satisfactoria, polo número de resultados ou porque non se axustan ao tema de interese, haberá que volver retocar este paso.
A ecuación de busca axuda a expresar dunha forma máis exacta a necesidade de información dunha persoa e é necesaria para obter mellores resultados á hora de consultar as bases de datos. Esta ecuación está integrada por tres elementos: palabras clave, operadores de busca e símbolos.
Fonte: Lluís Codina
Como xa apuntamos no apartado anterior, as palabras clave son termos (substantivos, verbos, nomes propios) ou frases curtas que identifican os conceptos que se tratan no traballo. Hai varias formas de combinar as palabras clave, pero a máis común é mediante a utilización dos operadores booleanos AND, OR e NOT, que actúan como conectores entre dous ou máis palabras clave.
Operador | Visualización gráfica | Explicación | Exemplo |
---|---|---|---|
AND |
A AND B
|
Recupera os rexistros que conteñen todos os termos que se introduzan na busca, polo tanto restrinxe o número de resultados. Este é o operador que utilizan por defecto as bases de datos e os buscadores na web, é dicir, que se non poñedes nada entre os termos dunha estratexia de busca entenderase que hai un AND. |
Se buscamos Arquitectura AND España, obteremos só os resultados que conteñan ambas palabras, é dicir, os que sexan de arquitectura española. |
OR |
A OR B
|
Emprégase cando hai que combinar sinónimos ou termos con significados parecidos nunha busca. Utilízase para ampliar os resultados da busca. |
Se buscamos Beverage OR Bottle obteremos resultados que inclúan "beverage" ou "bottle" (ou ambos termos). |
NOT |
A NOT B
|
Usamos NOT para excluír termos dunha busca. Localiza documentos que conteñen o primeiro termo de busca, pero non o segundo. |
Se buscamos Flores NOT Árboles, obteremos documentos sobre flores, pero non sobre árbores. |
Ademais, pódense empregar truncamentos, comodíns ou outros símbolos para recuperar variacións nos termos de busca ou para construír expresións máis complexas. Existen varios tipos:
Polo xeral, as bases de datos ofrecen axuda sobre o uso dos operadores e símbolos nas súas buscas, xa que algunhas proporcionan máis opcións que outras. Como exemplo, deixámosvos a páxina de axuda de Dialnet.
Tamén hai que ter en conta que as bases de datos están estruturadas en campos (autor, título, materia...), o que resulta moi aproveitable para orientar as buscas. Normalmente, a busca en campos realízase a través de menús despregables nos que só hai que elixir a opción desexada.
Se a utilización destas técnicas de procura non foron suficientes para obter un número manexable de resultados, sempre podemos botar man dos límites ou filtros. Estes varían segundo a base de datos que se estea manexando, pero os máis comúns son a data de publicación, o tipo de documento ou a área temática.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es