Ir ao contido principal

Acordos transformativos da UDC para publicar en acceso aberto

Guía de descrición dos acordos transformativos existentes na UDC e os seus requisitos de cara ao persoal investigador.

Características do A.T.

A CRUE asinou un contrato coa editorial Wiley que dá acceso ao persoal investigador das institucións participantes (entre as que se atopan as tres universidades galegas, a través do CISUG) á lectura de todas as revistas con modelo de subscrición da editorial. Ademais, pode publicar en acceso aberto en revistas híbridas de Wiley (revistas por subscrición que ofrecen unha opción de acceso aberto) sen custo algún para o autor. O acordo foi renovado en 2025 e remata o 31 de decembro de 2028.

 

 

PRÓXIMA APERTURA.
 

Información do acordo na páxina do editor
Seminarios web e recursos útiles para a CRUE-CSIC

 

Características do modelo:

  • O modelo cobre o 100% das taxas de publicación (APC). O número de publicacións aceptadas dependerá do fondo establecido para cada universidade. 
  • Os custos de publicación que non pertencen a OA propios de cada revista (cor, páxinas en exceso, etc.) cóbranse por separado ao/á autor/a.
  • O seu manuscrito debe ser aceptado para a súa publicación antes do 31 de decembro de 2028.
  • Tipoloxía documental aceptada: 
    • Artigos de investigación primaria
    • Artigos de revisión
  • Tipos de licenzas Creative Commons que se poden empregar:
  • CC-BY (preferiblemente)
  • CC-BY-NC
  • CC-BY-NC-ND

Un pequeno número de revistas só aceptarán as dúas últimas opcións. Por outra banda, algunhas revistas só ofrecen a opción CC-BY se os patrocinadores da investigación impoñen este tipo de licenza.

  • É obrigatorio que o autor de correspondencia sexa membro da UDC e empregue o correo electrónico institucional.

Compromisos por parte dos/as autores/as:

  • Facer constar nas publicacións a súa filiación á UDC segundo a normativa oficial aprobada.
  • Incluir unha mención á financiación recibida. Exemplo: "Funding for open access charge: Universidade da Coruña/CISUG".

Listaxe de títulos:

Procedemento de solicitude


Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar as APC, o enderezo de contacto é accesoaberto.biblioteca@udc.gal.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons