Ir ao contido principal

Acordos transformativos da UDC para publicar en acceso aberto

Guía de descrición dos acordos transformativos existentes na UDC e os seus requisitos de cara ao persoal investigador.

Características do A.T.

No mes de abril de 2021, a CRUE asinou un contrato coa editorial Elsevier que permite ao persoal investigador das institucións participantes (entre as que se atopan as tres universidades galegas, a través do CISUG) a lectura da colección de revistas incluídas en ScienceDirect, amais da publicación en acceso aberto nas revistas híbridas da Freedom Collection; destas revistas están explicitamente excluídas os grupos de revistas de Lancet, Cell, Doyma e Clinics. O acordo finaliza o 31 de decembro de 2028.

 

 

Información do acordo na páxina do editor

 

Características do modelo:

  • O modelo cobre o 100% das taxas de publicación (APC) en revistas híbridas.
  • Os cargos adicionais propios de cada revista como as taxas por exceso de páxinas e cor non están cubertos polo acordo e cobraranse aos/ás autores/as.
  • Data de aceptación do artigo desde o 1/1/2021.
  • Tipoloxía documental aceptada: 
    • Artigos de investigación 
    • Artigos de revisión
  • Tipos de licenzas Creative Commons que se poden empregar:
    • CC-BY 
    • CC-BY-NC-ND
  • É obrigatorio que o autor de correspondencia sexa membro da UDC e empregue o correo electrónico institucional.

O acordo permite a activación retrospectiva para aqueles/as autores/as que xa publicaran baixo subscrición en revistas híbridas desde o ano 2021.

Compromisos por parte dos/as autores/as:

  • Facer constar nas publicacións a súa filiación á UDC segundo a normativa oficial aprobada.
  • Incluir unha mención á financiación recibida. Exemplo: "Funding for open access charge: Universidade da Coruña/CISUG".

Títulos elixibles: ademais da revista Fisioterapia as incluidas na seguinte listaxe:

Procedemento de solicitude

 

  • O/a autor/a de correspondencia recibe un correo despois da aceptación do artigo cunha ligazón para seleccionar as opcións de publicación. Para iso hai que premer na opción Complete the Rights and Access Information Form.
  • No seguinte paso é preciso seleccionar nun despregable os datos da afiliación. Non escriba a man o nome da UDC, para así asegurar a correcta asignación.
  • Introdúcense os datos e afiliación dos co-autores/as.
  • A continuación complétanse os datos da entidade financiadora.
  • Selecciónase a opción Gold Open Access e a licenza.
  • Finalmente, elíxese o status do/a autor/a de correspondencia e asínase o contrato, o cal se presenta para a súa aceptación.


Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar as APC, o enderezo de contacto é accesoaberto.biblioteca@udc.gal.

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons