Ir ao contido principal

Acordos transformativos da UDC para publicar en acceso aberto

Guía de descrición dos acordos transformativos existentes na UDC e os seus requisitos de cara ao persoal investigador.

Características do A.T.


No ano 2021, a CRUE asinou un contrato coa editorial ACS que permite ao persoal investigador das institucións participantes (entre as que se atopa a Universidade da Coruña, a través do CISUG) a lectura e publicación na colección de revistas híbridas e Fully OA da editorial. O acordo vixente finaliza o 31 de decembro de 2027.

 

PRÓXIMA APERTURA.

Información do acordo na páxina do editor


Características do modelo:

  • O modelo cobre o 100% das taxas de publicación (APC) para un número ilimitado de artigos por ano.
  • Os cargos adicionais propios de cada revista como as taxas por exceso de páxinas e cor non están cubertos polo acordo e cobraranse aos/as autores/as.
  • A data de aceptación do artigo debe ser anterior ao 31 de decembro de 2027.
  • Tipoloxía documental aceptada: 
    • Artigos de investigación 
  • Tipos de licenzas Creative Commons que se poden empregar:
    • CC-BY 
  • É obrigatorio que o autor de correspondencia sexa membro da UDC e empregue o correo electrónico institucional.

Compromisos por parte dos/as autores/as:

  • Facer constar nas publicacións a súa filiación á UDC segundo a normativa oficial aprobada.
  • Incluir unha mención á financiación recibida. Exemplo: "Funding for open access charge: Universidade da Coruña/CISUG".

Listaxe de títulos:

Procedemento de solicitude

  • É obrigatorio seleccionar a institución de afiliación cando se envíe o artigo.
  • O/a autor/a de correspondencia recibe un correo despois da aceptación do artigo cunha ligazón para completar o Journal Publishing Agreement (JPA).
  • En primeiro lugar hai que seleccionar a opción "Yes, I wish to publish Open Acess" e premer en "Save and Continue".
  • Tras asinar o acordo de publicación, prémese en "Order Open Access", o que dá acceso ao Copyright Clearance Center RightsLink®.
  • Na plataforma hai que seleccionar "Seek Funding from (Your Institution/Agreement)" e premer en "Next"..
  • Na seguinte páxina (Charges Estimate), hai que revisar os datos do acordo asinado e que o total de gasto sexa igual a $0. Prémese en "Next" para continuar.
  • A continuación é necesario crear unha conta na plataforma, se aínda non se fixo, para completar o proceso de solicitude de financiamento. Esta conta é diferente da de ACS.
  • Tras crear a conta, revísase a solicitude. Os datos de facturación son os da institución ou consorcio co que existe o acordo transformativo. Acéptanse os Termos e Condicións de ACS e prémese en "Submit for Approval".
  • Tras finalizar o proceso, recibirase un correo electrónico cando se acepte a solicitude.


Guía de ACS sobre o proceso de solicitude de financiamento (inglés)

 

Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar as APC, o enderezo de contacto é accesoaberto.biblioteca@udc.gal.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons