Ir ao contido principal

Acordos transformativos da UDC para publicar en acceso aberto

Guía de descrición dos acordos transformativos existentes na UDC e os seus requisitos de cara ao persoal investigador.

Características do A.T.


No ano 2023 activouse un acordo asinado pola CRUE coa Royal Society of Chemistry que permite ao persoal investigador das institucións participantes (entre as que se atopan as tres universidades galegas, a través do CISUG) a publicación en acceso aberto en revistas híbridas e Fully OA da editorial. O acordo finaliza en decembro de 2025.

 

Información do acordo na páxina do editor
 

Características do modelo:

  • O modelo cobre o 100% das taxas de publicación (APC). O número de publicacións aceptadas (tokens) dependerá do fondo establecido para cada universidade. Unha vez consumidas, aplicarase un 15% de desconto. 
  • Os cargos adicionais propios de cada revista como as taxas por exceso de páxinas e cor non están cubertos polo acordo e cobraranse aos/ás autores/as.
  • Tipoloxía de fonte: revistas híbridas e fully open access.
  • Data de aceptación do artigo ata o 31 de decembro de 2025.
  • Tipoloxía documental aceptada: 
    • Artigos de investigación (article, reviews, etc.
  • Tipos de licenzas Creative Commons que se poden empregar:
    • CC-BY 
    • CC-BY-NC
  • É obrigatorio que o autor de correspondencia sexa membro da UDC e empregue o correo electrónico institucional.

Compromisos por parte dos/as autores/as:

  • Facer constar nas publicacións a súa filiación á UDC segundo a normativa oficial aprobada.
  • Incluir unha mención á financiación recibida. Exemplo: "Funding for open access charge: Universidade da Coruña/CISUG".

Listaxe de títulos: 

Procedemento de solicitude:

  • Unha vez aceptado o artigo pola editorial, o autor de correspondencia recibirá un correo electrónico cunha ligazón para seleccionar as opcións de publicación.
  • O sistema identificará automáticamente que o autor pertence á Universidade da Coruña polo enderezo de correo electrónico.
  • A continuación, elexirase a opción de publicación Gold Open Access e  marcarase unha das licencias Creative Commons que ofrece o editor.
  • Por último, confirmaranse as opcións elixidas.
     

Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar o finaciamento, o enderezo de contacto é accesoaberto.biblioteca@udc.gal.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons