 |
No ano 2023, a CRUE asinou un contrato con IEEE que permite ao persoal investigador das institucións participantes (entre as que se atopan as tres universidades galegas, a través do CISUG) publicar en acceso aberto sen custo en revistas híbridas da editorial. O acordo remata o 31 de decembro de 2025.
|
Información do acordo na páxina do editor
Características do modelo:
- O modelo cobre o 100% das taxas de publicación (APC) en revistas híbridas.O número de publicacións aceptadas dependerá do fondo establecido para cada universidade. Tamén este fondo aplicará un desconto do 20% nos APC de revistas Fully OA.
- Os cargos adicionais propios de cada revista como as taxas por exceso de páxinas e cor non están cubertos polo acordo e cobraranse aos/ás autores/as.
- A data de aceptación do artigo debe estar comprendida entre o 03/07/2023 e o 31/12/2025.
- Tipoloxía documental: artigos de investigación.
- Tipos de licenzas Creative Commons que se poden empregar:
- É obrigatorio que o autor de correspondencia sexa membro da UDC e empregue o correo electrónico institucional.
Compromisos por parte dos/as autores/as:
- Facer constar nas publicacións a súa filiación á UDC segundo a normativa oficial aprobada.
- Incluir unha mención á financiación recibida. Exemplo: "Funding for open access charge: Universidade da Coruña/CISUG".
Listaxe de títulos híbridos (financiación 100%) e Full Open Access (financiación 20%):