A incorporación efectiva da perspectiva de xénero na docencia universitaria segue a ser un reto pendente, a pesar do marco normativo vixente nos contextos europeo e estatal.
A UDC, no II Plan de Igualdade, inclúe entre os seus obxectivos “Integrar a perspectiva de xénero na docencia universitaria” (Eixo 2, epígrafe 2.2)
Para a consecución deste obxectivo prevíronse as seguintes medidas:
"Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero", son unhas guías temáticas elaboradas orixinariamente pola Xarxa Vives d’Universitats e traducidas ao galego, no marco das iniciativas financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e desenvolvidas polas unidades de igualdade do Sistema Universitario Galego.
Ofrecen propostas, exemplos de boas prácticas, recursos e ferramentas para unha docencia universitaria sen sesgos de xénero en diferentes disciplinas:
Ciencias da Computación Historia
Dereito e Criminoloxía Historia da Arte
Educación e Pedagoxía Medicina
Filoloxía e Lingüística Psicoloxía
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es