Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Guía sobre feminismo, xénero e igualdade: Efemérides


Xaneiro

07/01/1908 - Nace Simone de Beauvoir, precursora do novo feminismo. Dá visibilidade á opresión de xénero.

31/01 - Nace en Ferrol (1820) Concepción Arenal, escritora e pioneira do movemento feminista en España.

Febreiro

05/02 - Día mundial contra a mutilación feminina.

12/02 - Nace Clara Campoamor en 1888, en Madrid. Figura clave na loita polos dereitos da muller durante a Segunda República española.

Marzo

06/03 - Nace Victoria Kent en 1898, en Málaga. Foi a primeira muller en colexiarse no Colexio de Avogados de Madrid.

08/03 - Dia Internacional da Muller. En conmemoración das mulleres mortas en Nova York en 1908 durante unha folga pola mellora dos salarios e condicións laborais nas fábricas téxtiles.

08/03/1910 - Permítese ás mulleres en España a matrícula libre na universidade.

Maio

01/05 - Día Internacional das Traballadoras e Traballadores.

24/05 - Día Internacional da Muller pola Paz e o Desarme. Conmemora as manifestacións de mulleres en 1982 en contra da OTAN e das bases militares en solo europeo.

28/05 - Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres. Celébrase desde 1987 para promover a mellora da saúde e educación sexual.

Agosto

01 a 07/08 - Semana Mundial da Lactancia Materna, dirixida a promover e divulgar a lactancia materna en todo o mundo.

Setembro

23/09 - Día Internacional contra a Explotación Sexual. Conmemora a primeira lei mundial promulgada contra a trata de persoas (23/09/1913 en Arxentina).

Outubro

Todo o mes - Mes da Prevención do Cancro de Mama.

01/10/1931 - Clara Campoamor defende nas Cortes españolas o voto feminino. Texto íntegro do discurso

15/10 - Día Internacional da Muller Rural. Proclamouse en 1995 para salientar a contribución das mulleres do campo na seguridade alimentaria e o desenvolvemento das zonas rurais.

18/10 - Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos. Foi instaurado pola Unión Europeo por primeira vez no ano 2007, co obxectivo de sensibilización establecido no Plan Integral contra a trata de seres humanos (2009-2012).

Novembro

25/11 - Día Internacional de Loita contra a Violencia á Muller. Establécese como homenaxe ás irmás Mirabal, asasinadas en 1960 durante a ditadura do xeneral Trujillo en Santo Domingo.

Decembro

10/12 - Día Universal dos Dereitos Humanos.

 

 

Información obtida de:

Efemérides Feminista - FEMINISMO INC.

Los 10 Logros del Feminismo en España más Importantes | livolet.com

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons