Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): Concursos

I Concurso Móvete polos ODS

                            A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), convoca o I Concurso de vídeos "Móvete polos ODS" co obxectivo de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS) de Nacións Unidas e sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc...

O concurso está aberto a vídeos de 1 minuto de duración en formato mp4, coa temática de como se pode contribuír individualmente á consecución dalgunha das 169 metas nas que se materializan estes obxectivos.

Poderán presentarse ao certame de maneira individual ou en grupo, todo o alumnado matriculado nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.

Os premios para os vídeos máis votados en Youtube consistirán nunha dotación económica de:

1º Premio ao vídeo máis votado en Youtube: 550 €

2º Premio ao segundo vídeo máis votado en Youtube: 350 €

3º Premio ao terceiro vídeo máis votado en Youtube: 200 €

Premio á innovación: 400 €

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o día seguinte á publicación desta convocatoria até as 14:00h do 30 de setembro de 2021.

MUV, I Torneo Universitario para a Mobilidade Sustentábel

A UDC é unha das 83 universidades europeas adheridas ao proxecto U·MOB. Xoga e convirte a túa universidade na mais sustentable en termos de mobilidade. As tres persoas gañadoras serán premiadas.

MUV é un xogo que mestura o real e o dixital para cambiar a percepción da mobilidade diaria.  Con U·MOB-MUV, a UDC busca repensar os hábitos de mobilidade do seu estudantado e persoal e deixarmos unha pegada máis lixeira no noso planeta.

Comeza o 20 de setembro, durante a Semana Europea da Mobilidade, e estenderase durante 8 semanas, ata o 13 de novembro de 2021.

Utilizando a App MUV ao ir á universidade andando, en bicicleta, en transporte público ou compartindo coche. MUV é unha nova experiencia, divertida por medio do xogo, de interacción na UDC e entre universidades, mediante avatares creados por nós, e ademais permítenos medir os impactos e aproveitar os datos.

Facendo que a experiencia de ir á UDC sexa nova e atractiva, conseguiremos:

  • Novos hábitos de mobilidade mais seguros e sustentábeis para toda a comunidade universitaria.
  • Un aforro de CO2 entre o 32 e o 54% (calculado segundo a norma ISO 14064-2)
  • Datos de mobilidade útiles para elaborar plans de mobilidade sustentable.

 

Como participar?

Descarga a App MUV e accede ao equipo “Universidade da Coruña” a través da función "Únete a un equipo". Tamén podes acceder ao equipo da UDC premendo na ligazón (dende o móbil): https://bit.ly/Universidade-da-Coruña

Hai incentivos para as mellores universidades, e tamén para as mellores persoas a título individual, que practiquen unha mobilidade sustentábel durante este tempo. Serán 3 premios para 3 xogadores, que escollerán entre os que ofrece U·MOB na súa web. Entregaranse na conferencia final (17-18 novembro).

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons