O Día Internacional do Orgullo celébrase cada 28 de xuño e a súa orixe remóntase a ese día do ano 1969, cando tiveron lugar os coñecidos como disturbios de Stonewall (Nueva York), que marcan o inicio da loita polos dereitos da comunidade LGTB.
A Universidade da Coruña, e por extensión o Servizo de Biblioteca, ten un firme compromiso coa diversidade afectiva, a identidade de xénero, a igualdade e a loita contra o odio e a intolerancia, tal e como se describe na Declaración do 17 de maio Día Internacional contra a LGTBIfobia, que suscribiu xunto con outras universidades españolas.
Ademais, a Red de Universidades por la Diversidad (RUD), na que participa a nosa universidade, elaborou o Manifiesto Orgullo Universitario para denunciar as desigualdades que sufren as persoas LGTBIQ+ no noso país.
Desde o Servizo de Biblioteca queremos unirnos a esta celebración cunha selección de libros e películas relacionados con esta temática.
Animámovos a participar enviándonos ao correo electrónico informacion.bib@udc.es aqueles libros ou películas que coñecedes do noso catálogo e que botades en falta nesta selección para engadilos a esta guía.
Tamén podedes achegarnos solicitudes de compra de materiais que non están na colección das nosas bibliotecas.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es