Coleccións dixitais de Europeana nas que descubrir historias, relatos e patrimonio cultural queer de toda Europa: https://www.europeana.eu/es/lgbtq
O club de lectura LGTB QUEERuña pertence á Rede de Bibliotecas Munipais da Coruña e ten a peculiaridade de ser o primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. Cada sesión, de carácter mensual, xira arredor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB.
A Dirección General de Diversidad Sexual y Derechos LGTBI pon a disposición de toda a cidadanía un Mapa de recursos LGTBI onde localizar e visualizar de forma interactiva recursos de información, atención e asesoramento para o colectivo LGTBI que as administracións públicas e as entidades sociais puxeron ao dispor dos cidadáns.
Atlantic Pride é un festival formado por unha semana de eventos lúdicos, culturais e reivindicativos co obxectivo de visibilizar a diversidade afectivo-sexual. Está organizado pola asociación Orgullo Coruña e o Concello de A Coruña.
A edición deste ano 2023 terá lugar do 2 ao 9 de xullo.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es