Ir ao contido principal

Guía para publicar

Selección da revista

Elixir unha revista supón seleccionar a que maximice as posibilidades de publicación do manuscrito.

1. Enumerar o campo de estudo da investigación e as materias coas que se relaciona

2. Buscar revistas relacionadas con eses campos

3. Consultar ferramentas para a selección de revistas onde publicar

  • JournalGuide: ferramenta que emprega a perspectiva das whitelists para a avaliación de publicacións seriadas, indizando coñecidas revistas de calidade e proporcionando información sobre a súa cobertura, canto tarda en revisar e publicar artigos, onde se indiza, información sobre acceso aberto, prezo de artigos, etc.
  • QOAM. Quality Open Access Market: plataforma que recolle puntuacións, información e comentarios de revistas do persoal investigador que colabora con esta rede.
  • Think Check Submit:  axuda ao persoal investigador a identificar revistas fiables nas que publicar. É unha listaxe de comprobación (checklist) que os/as investigadores/as poden empregar para controlar se a revista que elixiu é confiable.

4. Revisar as características das revistas seleccionadas

  • Contido e cobertura
  • ​Audiencia
  • Idioma
  • ​Tempo de espera para a publicación e frecuencia
  • Factor de impacto (FI) do Journal Citation Reports, o SJR do Scimago Journal Rank , cuartil e posto dentro da categoría temática, número de citas por documento e número de citas do último ano da revista, índice h...

Revistas depredadoras

As revistas depredadoras buscan obter beneficios económicos a través do engano. Segundo Jeffrey Beall , «estos editores son depredadores porque su objetivo no es promover, preservar y difundir el conocimiento; al contrario, su objetivo es explotar el “pago por el autor”, un modelo de acceso abierto, en beneficio propio». Trátase dun compendio de malas prácticas editoriais que buscan captar a investigadores/as ofrecéndolles publicar rápidamente, con requisitos simples de cumprir. Entre as características deste tipo de publicacións están:

  • dubidoso proceso editorial e sen revisión por pares
  • tempos de publicación moi curtos
  • pago de taxas por parte do autor
  • títulos con termos parecidos aos de revistas prestixiosas
  • a súa xuventude. Xorden por mor do abaratamento dos custos das revistas 100% dixitais
  • en moitos casos, edítanse en países da periferia científica
  • como non se indexan nas bases de datos, calculan os seus propios indicadores de impacto
  • teñen unha política agresiva para captar os/as investigadores/as, mediante envío personalizado de correos

Na seguinte ligazón ofrécese unha listaxe de potenciais editores académicos de acceso aberto depredadores:

En que revistas publican os investigadores da UDC?

Comparar revistas en Scopus

Os perfís das revistas en Journal Citation Reports

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons