Na área de Ciencias Sociais e Humanidades os libros e os capítulos de libros son un medio habitual de difusión dos resultados dunha investigación, polo que as axencias de avaliación e acreditación teñen en conta este tipo de publicacións.
É aconsellable avaliar o prestixio da editorial antes de enviar un orixinal, tendo en conta:
É importante rexistrar os dereitos de autor e obter un número de ISBN. O ISBN non é obrigatorio en España na actualidade nin para obter o Depósito Legal nin para publicar un libro, sen embargo, a ANECA inclúeno como indicio de calidade dunha publicación.
Existe unha ampla diversidade de congresos, conferencias ou simposios especializados en todas as disciplinas do coñecemento coa finalidade de adiantar resultados científicos, discutilos e sometelos a unha audiencia experta.Un traballo de investigación pódese presentar nun congreso e publicarse nas actas do mesmo.
Inclúen unha introdución curta, un corpo central e unha conclusión.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es