Ir ao contido principal

A identificación de autoría na UDC

Como se crea Scopus Author ID

 

O Scopus Author ID é un identificador numérico que se asígna automaticamente aos autores que teñan publicacións recollidas en Scopus. Este identificador distítngueo doutros autores fixando un número único e agrupando todos os seus documentos nun perfil do autor.


En relación a este perfil, o autor pode:

  • Solicitar cambios de firma
  • Pedir que se unifiquen as formas duplicadas do seu nome
  • Reclamar publicacións erroneamente adxudicadas a outros autores
  • Activar unha alerta das novas citas que reciban as súas publicacións, así como das citas das publicacións doutros autores nos que estea interesado.
  • Sincronizalo con ORCID e exportar a listaxe de publicacións.
  • Consultar indicadores bibliométricos: citas recibidas, índice h, etc.

 

Máis información e xestións:

Perfil de autoría


Desde calquera pantalla de resultados dunha búsqueda en Scopus, pódese acceder ao perfil dun autor facendo clic no seu nome . Tamén pode facerse unha búsqueda de perfil de autor. Un perfil de autor inclúe:

  1. Información do investigador: nome e variantes, filiación e números de identificación (Author ID e, se é o caso, ORCID)
  2. Produción científica e ferramentas de análise: número de documentos indexados en Scopus, número de citas recibidas, índice H e coautores. Tamén pódese acceder a:
    • Análise de autor (Analyze author output) 
    • Informe de citas (View citation overview)
    • Gráfico h (View h-Graph)
  3. Alertas e outras xestións. Permite o envío de avisos ao correo electrónico se o autor publica un novo documento (Follow this author) o se un documento do autor recibe unha nova cita (Get citation alerts). Dende este apartado pódese ademáis sincronizar a información con ORCID, ou exportala ao Curriculum Vitae Normalizado da FECYT, e solicitar correccións no perfil do autor.
  4. Historial del autor (Author history): periodo de actividade do investigador, principais áreas de investigación e o total de referencias citadas por él na súa bibliografía.

 

Análise de autoría


Accédese desde a opción Analyze author output  do perfil do autor. Esta ferramenta  proporciona información sobre:

  1. Documentos publicados. Analiza a producción científica do autor por fonte de publicación, tipo de documento, ano de publicación e disciplina científica.
  2. Índice H. Proporciona o índice h de cada autor posibilitando a eliminación de autocitas.
  3. Citas recibidas. Realiza un reconto cronolóxico das citas recibidas.
  4. Coautores. Proporciona os nombres de autores cos que colaborou o autor durante a súa actividade científica.

Unificar nome de autoría


Scopus author identifier distingue ao investigador asignandolle un número único e agrupando os seus documentos. Sen embargo, se o autor firmou de distintas maneiras durante a súa carreira ou cambiou de filiación, é posible, que as súas publicacións estéan asignadas a máis dun perfil de autor. 

Pódese solicitar a unificación destes perfiles:

  1. Marcar as caixas dos nomes que hai que unificar
  2. Facer click en  "Request to merge authors". Levarao a un formulario de solicitude de unificacións das diferentes formas do/a autor/a.


 

  • Encha os campos do formulario:
    • Nome
    • Enderezo electrónico
    • Asunto. No campo 'Subject', a opción correspondente, neste caso 'Group these author names' para solicitar o agrupamento das diversas formas do nome seleccionadas, ou 'Edit author details' se cumplimenta os seguintes campos:
      • Páxina web. Pode engadir unha páxina web onde facilite información sobre as súas publicacións.
      • Comentarios. Pode indicar detalles sobre como debe realizarse a modificación e con que nomes desexa ser rexistrado.
  • Pulsar 'Send' para enviar a solicitude.

Pode suceder que, pola dispersión das súas obras en diferentes perfís ou por ter un nome frecuente, todas as súas obras non poidan ser reunidas baixo o seu perfil inmediatamente. Neste caso, se se completa o proceso do asistente e se proporciona un enderezo electrónico, o equipo do Author-ID de Scopus contactará con vostede para axudalo a completar o seu perfl. Scopus advirte que as correccións tardarán algún tempo en ser visibles na súa plataforma, hasta que non sexan completamente procesadas (entre un ou dous meses).

Integración con ORCID

Se o investigador dispón dun Author-ID en Scopus, pode vincular os seus datos de autor e a lista de publicacións con ORCID:

A través dun asistente de importación. En varias etapas poderá enviar os seus datos de autor e a súa listaxe de publicacións en Scopus a Orcid. O primeiro paso é crear un rexistro en Orcid ou empregar o usuario e a clave, se xa o ten, do seu rexistro Orcid. Desde o perfil de autor en Scopus, facer clic en "Connect to ORCID".

Scopus a ORCID
 

  • Conexión de ORCID a Scopus:

Alternativamente, pode rexistrarse primeiro en http://orcid.org. Unha vez rexistrado, verá no menú 'Agregar obras'  a opción 'Buscar y enlazar'- Scopus to Orcid. Pulsando nesta ligazón abrirase unha pantalla intermedia que levarao ao mesmo asistente de importación descrito máis arriba.
 

Axuda da integración ORCID-Scopus

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons