Ir ao contido principal

A identificación de autoría na UDC

ResearcherID

ResearcherID é un código identificador de investigadores vinculado á Web of Science. Creouse en 2008 para axudar a identificar os autores de publicacións na  Web of Science.

O 15 de abril de 2019 a plataforma ResearcherID deixa de existir e todos os perfís públicos  pasaron a formar parte de Publons.

En 2022 Publons volve a integrarse na Web of Science e desaparece. Agora os perfís os xenera automáticamente a Web of Science e denomínase Web of Science ResearcherID.

 

 

Este perfil permite engadir publicacións directamente desde a Web of Science e outras plataformas. Xunto a publicaciones cientificas permite engadir revisións para revistas e rexistros de editor. Aporta datos de citas e métricas de impacto de cada autor/a e permite reclamar rexistros desde o propio perfil.

 

Crear un perfil na Web of Science

O perfil que se tiña en Publons é o perfil na Web of Science  tras a desaparición de Publons pois todos migraron.

Se non se tiña perfil nin en Publons nin na Web of Science, cómpre crear un perfil.

Para crear o perfil so hai que engadir unha conta de correo electrónico e un contrasinal que nas sucesivas ocasións se empregarán para iniciar a sesión.

Engadir publicacións, revisións de pares e rexistros de editor ao meu perfil

A Web of Science atopa automaticamente as publicacións dun autor mais se poden botar en falta algunhas.

O panel da esqueda do perfil dá acceso ás opcións de engadir publicacións, revisións por pares e rexistros de editor.

 

Se se vota en falta algunha publicación, pódense engadir as direccións de correo electrónico coas que se publicaron ou o DOI das publicacións para mellorar os resultados. Así mesmo, pódense importar publicaciones desde un arquivo RIS, BibTex ou CSV. Finalmente, axiña se poderá facer unha única importanción desde o rexistro ORCID.

 

 

Para engadir revisións de pares, prémese en "añadir" e poderá elixir entre:

- Revisión de editor invitado: cargar unha revisión escrita previamente para unha revista ou conferencia.

- Revisión comunitaria:  escribir unha revisión dun manuscrito ou artículo de acta de conferencia publicado.

Engadirase obrigatoriamente a revista ou conferencia revisada e a data de revisión.

Tamén se pode buscar polo DOI dos artigos, polo Web of Science Accession Number, polo PubMed ID, polo ArXiv ID e polo título.

 

 

Para engadir un rexistro de editor, pódese buscar por "Revista ou conferencia", "Fecha de decisión" ou polo artigo se está publicado.

 

 

Reclamar perfís automáticos na Web of Science

Reclamar perfís de autor/a

Perfís de autor/a verificados (xa reclamados)

Nestes rexistros, o primeiro rexistro de autor/a ten un tic verde ao lado. Non poderemos fusionar estes rexistros senón únicamente velos como rexistros combinados:

 

Perfís de autor/a non verificados (non reclamados)

Nestes rexistros pódese usar a opción "Fusionar registros". No formulario que se abre, a listaxe será unha combinación de todos os títulos que se recollen nos rexistros, onde se eliminarán os que no sexan do autor/a. Deseguido, enviarase a reclamación ao soporte da Web of Science para seren validados. Se aceptan os cambios, aparecerán reflictidos na Web os Science entre tres e cinco días despois. Se a solicitude é rexeitada, virá debidamente xustificada.

Os rexistros sen verificar presentan a opción "Eliminar publicaciones", que conduce ao formulario anterior.

 

Sincronizar con ORCID

Para sincronizar o perfil da Web of Science con ORCID, accédese a "Mi perfil" e prémese en "editar": A terceira pestana chámase "Sincronización de ORCID":

 

Para sincronizar o perfil, só hai que iniciar sesión en ORCID e marcar algúnha ou todas as opcións dispoñibles:

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons