Ir ao contido principal

A identificación de autoría na UDC

Que é ResearchGate


ResearchGate é unha rede profesional dirixida á comunidade investigadora de distintos ámbitos e de todas as disciplinas científicas. Constitúese nunha ferramenta de colaboración que permite o intercambio de coñecementos e experiencias, ofrecendo a posibilidade de atopar a outros investigadores con ideas afíns que traballan en proxectos similares e permitir a colaboración científica entre eles.

Ademáis doutras accións, permite:

  • Crear e xestionar un perfil de autor
  • ​Compartir publicacións
  • Obter estatísticas e métricas sobre o perfil e as publicacións

 

Máis información e xestións 

Crear conta e completar perfil de autoría


Para crear unha conta e completar o perfil do autor, hai que:

1. ​Entrar en ResearchGate e pulsar en Join for Free

 

2. Elixir o tipo de investigador, os datos de filiación á UDC (institución e departamento) e os datos do investigador. É importante empregar a conta de correo electrónico institucional para que ResearchGate ao recoñecer o dominio, confirme a pertenza á UDC.

 

3. Unha vez creado o perfil pode completarse con datos sobre intereses, educación, proxectos, experiencias, publicacións, datos de contacto...ResearchGate permite xestionar a privacidade e o control sobre a visibilidade dos datos e a información que proporciona no perfil.

Exemplo de perfil 

 

 

Engadir publicacións


Pódense engadir publicacións, traballos non publicados, e outras investigacións adicionais (como datos en bruto ou resultados negativos)
​No perfil de autor, hai que seleccionar o tipo de publicación na lista despregable, facendo clic no cuadro Add new da esquina superior dereita.

​A continuación, buscarase a publicación na base de datos para añadila ao perfil ou, de non estar listada, engadirase manualmente. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha vez agregadas as publicacións ou unha vez confirmada a autoría, aparecerán na pestana Contributions do perfil.

 

Métricas


ResearchGate ofrece diversos tipos de estatísticas e métricas do autor e as súas publicacións como, por exemplo, o número de visitas ao perfil, as descargas dun documento e as citas.

Ofrece tamén o índice h, e  o indicador RG Score, que resume tanto a popularidade do autor (visitas ao perfil e ás súas publicacións, descarga de artigos e número de seguidores) como o seu compromiso coa comunidade de ResearchGate (como interactúa a través de Preguntas y Respuestas).

Ademais dá a súa posición relativa na comunidade .

 

 

 

Xerar DOIs


ResearchGate permite xerar DOIs para a maior parte dos traballos non publicados.

 EXEMPLO

Conxunto de datos (dataset) subido manualmente a ResearchGate (neste caso o sistema admite calquera tipo de ficheiro que conteña datos: xls, csv, zip, etc.)

 

No seguinte cadro, marcar a casilla Generate a DOI for this file:

 

 

EXEMPLO

Conxunto de datos subidos manualmente a ResearchGate (neste caso o sistema só admite arquivos de texto: pdf, doc, txt, etc.)

 

 

Pulsar sobre Generate a DOI

Máis funcionalidades


ResearchGate permite:

  • Seguir, descargar e compartir publicacións recomendadas nun campo de estudo
  • Buscar artigos de interese, seguilos, descargalos se están dispoñibles ou solicitar ao autor o texto completo
  • Da mesma maneira que permite seguir artigos, tamén deixa seguir investigadores
  • Pódense buscar publicacións dentro da rede do investigador (o que ResearchGate chama Your Network), composta polas persoas que segue, colegas de departamento ou universidade, coautores de obras subidas á plataforma e investigadores que citan ou son citados polo investigador.

Aparte do perfil de autor e das publicacións, o menú superior da páxina persoal de ResearchGate consta doutros elementos:

  • Questions: permite obter respostas a dúbidas de investigación e compartir os coñecementos contestando preguntas alleas, participando en discusións. Tamén as preguntas poden ser seguidas para recibir actualizacións da conversa.
  • Jobs: solicitudes e ofertas de emprego

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons