Ir ao contido principal

A identificación de autoría na UDC

Que é Academia.edu


Academia.edu é unha rede profesional, académica que permite poñer en contacto investigadores de todo o mundo. É unha importante fonte de información para coñecer que é o que investigan ou que é o que máis interesa a outros investigadores. 

De maneira gratuíta permite:

  • Crear e manter un perfil científico que mostra áreas de interese, publicacións, datos de contacto, perfís doutras redes profesionais, seguidores,...
  • Importar o curriculum vitae e mostralo no perfil
  • Utilizar o perfil como páxina persoal e colocar o botón Sígueme en Academia.edu no seu sitio web
  • Interactuar con outros investigadores mediante mensaxes dentro da plataforma
  • Marcar documentos de interese para lelos máis tarde
  • Subir e compartir documentos en diferentes formatos. Estes documentos e o perfil son idexados en buscadores como Gooble, Yahoo e Bing.

A versión "Academia Premium" é de pago e permite obter as seguintes funcionalidades:

  • Descargar as publicacións relacionadas cos nosos intereses.
  • Buscar documentos a texto completo e citas entre máis de 25 millóns de publicacións.
  • Recibir alertas das nosas mencións e citas e rastrexar o seu impacto.
  • Acceder a cursos impartidos por académicas/os de nomeado prestixio.
  • Coñecer os perfís das persoas que visitan o perfil propio.
  • Obter analíticas do CV propio.

Máis información e xestións:

Videotutorial da UNED 

Crear conta e completar perfil


Pódese entrar a través dunha conta previa en Google ou en Facebook ou darse de alta cubrindo un formulario co nome, e-mail e contrasinal.
Unha vez creada a conta, pódese editar o perfil e fixar, entre outras opcións, a firma e a filiación.

 

 

Engadir publicacións


Pódense engadir traballos publicados ou calquera outro tipo de documento sen publicar, como por exemplo, conxuntos de datos de inviestigación. Hai tres posibilidades:

  • Subir directamente o ficheiro co traballo
  • Engadir manualmente os datos bibliográficos se non hai ficheiro electrónico
  • Engadir en bloque a listaxe de traballos publicados polo autor, a través du ficheiro BibTex, . 

 

 

Métricas

No apartado Analytics, o investigador pode ver análisis asociados ó seu perfil, elexir un límite temporal de 30 ou  60 días,  e exportar estas analíticas a un ficheiro CSV. En concreto, pode coñecer información relativa a:

  • Número de consultas e descargas dos seus traballos
  • Palabras clave utilizadas nos buscadores para atopar os traballos
  • Links utilizados para acceder ó  perfil
  • Visitantes únicos do perfil 
  • Datos xeográficos sobre os visitantes

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons