Ir ao contido principal

A identificación de autoría na UDC

Outras redes de investigación

  • Kudos: servizo web para os/as investigadores/as que permite crear perfís nos que engadir as súas publicacións, importalas de ORCID, comentalas e obter métricas tradicionais (Web of Science) ou alternativas (Altmetric Score, actividade nas redes sociais, etc.).
  • Loop: rede social científica que busca mellorar a visibilidade e impacto dos/as investigadores/as ofrecendo maiores plataformas de difusión dos seus traballos. Está respaldada por Frontiers (editorial especializada na revisón por pares das revistas de acceso aberto de ciencia, tecnoloxía e medicina) e Nature (unha das editoriais máis prestixiosas no mundo da investigación).
  • Methodspace: creada por SAGE, é unha rede social punto de encontro sobre os métodos de investigación.
  • Mysciencework: rede social profesional científica que permite a investigadores/as e estudantes crear gratuitamente a súa propia ficha profesional, perfil, currículo e lista de publicacións, e acceder a máis de 90 millóns de documentos.
  • NanoSpain: Red Española de Nanotecnología, ten como obxectivo prioritario promover o intercambio de coñecemento entre grupos españois que traballan nos campos relacionados coa Nanotecnoloxía e a Nanociencia.
  • Open Science Framework (OSF) rede de materiais de investigación que permite crear proxectos colaborativos.
  • ScienceOpen: rede de investigación e publicación para compartir e avaliar información científica en acceso aberto. 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons