Ir ao contido principal

RUC. Repositorio Institucional da UDC

Lei 4/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Información

Un dos obxectivos xerais desta lei é o seguinte:

"c) Impulsar la ciencia abierta al servicio de la sociedad y promover iniciativas orientadas a facilitar el libre acceso a los datos, documentos y resultados generados por la investigación, desarrollar infraestructuras y plataformas abiertas, y fomentar la participación abierta de la sociedad civil en los procesos científicos" (art. 2).

Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema Universitario.

Esta lei obriga ao persoal investigador a depositar unha copia da versión final aceptada para a publicación e os seus datos nos repositorios institucionais.

"2. El personal docente e investigador deberá depositar una copia de la versión final aceptada para publicación y los datos asociados a la misma en repositorios institucionales o temáticos de acceso abierto, de forma simultánea a la fecha de publicación" (art. 12).

"3. La versión digital de las publicaciones académicas se depositará en los repositorios institucionales, sin perjuicio de otros repositorios de carácter temático o generalista" (art. 12).

Responsabiliza ás bibliotecas e a outras unidades universitarias a facilitar o acceso á cidadanía aos recursos informativos:

"7. Las bibliotecas y otras unidades universitarias facilitarán el acceso de la ciudadanía a los recursos informativos, digitales y no digitales, así como la formación necesaria para promover la difusión de la Ciencia Abierta en la comunidad universitaria y en el conjunto de la sociedad" (art. 12).

E obriga ás axencias de calidade a requirir a accesibilidade en aberto dos resultados científicos e a empregar os repositorios institucionais para acceder a eles e axilizar así o proceso de avaliación científica.

"8. Las agencias de calidad estatal y autonómicas incluirán entre sus criterios y requisitos de evaluación la accesibilidad en abierto de los resultados científicos del personal docente e investigador" (art. 12).

"9. Las agencias de calidad utilizarán los repositorios institucionales como forma de acceso a la documentación, para garantizar la agilidad de los procedimientos de evaluación." (art. 12).

Real Decreto 678/2023, de 18 de xullo, polo que se regula a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a prazas de ditos corpos.

Atendendo ao sinalado na Lei 2/2023, ANECA neste Real Decreto sinala que requerirá o uso de repositorios institucionais e temáticos e agregadores para acceder a través deles aos resultados da investigación:

"3. ANECA requerirá el uso de los repositorios institucionales y temáticos, así como de agregadores reconocidos internacionalmente, en acceso abierto con arreglo a los artículos 12 y 69.2.b) de la Ley 2/2023, de 22 de marzo, como forma de acceso preferente a las publicaciones científicas y otros resultados de investigación" (art. 17).

E máis adiante volve incidir na necesidade do acceso aberto a estes resultados:

"4. Los criterios de evaluación de la actividad docente e investigadora y de la transferencia e intercambio del conocimiento deberán incorporar la interdisciplinariedad o multidisciplinariedad, la ciencia ciudadana, las aportaciones de relevancia local, el pluralismo lingüístico y el pluralismo científico, así como el acceso abierto a los resultados" (art. 12).

Valorarase a difusión da actividade investigadora, a súa dispoñibilidade en acceso aberto e o uso de repositorios institucionais e temáticos abertos:

"1.2 Resultados y difusión de la actividad investigadora y de transferencia e intercambio del conocimiento:

Se valorará una amplia gama de resultados, en función de su calidad, grado de difusión e impacto científico y social. Entre ellos, se considerarán publicaciones científicas, datos, códigos, "software", creaciones artísticas, patentes y registros de propiedad intelectual, aportaciones a congresos, divulgación científica, transferencia al sector productivo, transferencia social (incluyendo microcredenciales de transferencia) e intercambio del conocimiento. Se considerarán las evaluaciones positivas de tramos de investigación y de transferencia. Se valorará la disponibilidad en acceso abierto a todos los resultados de la actividad desarrollada y el uso de repositorios institucionales y temáticos, e infraestructuras y plataformas abiertos" (anexo).

Indicacións da ANECA sobre os repositorios válidos para depositar os resultados da investigación e para as solicitudes de sexenios

De acordo co documento de preguntas frecuentes publicado por ANECA, o RUC é un repositorio válido para depositar as publicacións do persoal investigador da Universidade da Coruña.

Un repositorio “válido” é aquel mantido consistentemente por unha institución, p. ex. unha universidade (repositorio institucional) ou por unha comunidade disciplinar establecida ou institución con perfil disciplinar que teñen unha garantía de perdurabilidade e mantemento no tempo e que cumpren cos estándares internacionais para a agregación dos materiais depositados nel. Pódese consultar a listaxe de repositorios institucionais nacionais en Recolecta.
Son exemplos de repositorios temáticos arXiv no ámbito das Matemáticas, Física Informática e Bioloxía cualitativa, RePec en Economía, ou CiteSeerX en Informática e Ciencias da Información. Un exemplo de repositorio xeralista é Zenodo (que pode ser usado  no caso de que a propia universidade ou centro de investigación non conte cun repositorio institucional).


Non son repositorios válidos, aos efectos desta convocatoria de sexenios, as aplicacións ou sitios web con posibilidade de almacenamento e difusión sen cumprir estándares de interoperabilidade e/ou funcións de preservación, ou que dependen directamente de axentes editoriais. Por exemplo, non son repositorios as bases de datos bibliográficas, os catálogos bibliográficos, as redes sociais científicas (ex. ResearchGate, Academia.edu). Tampouco son repositorios válidos, aos efectos desta convocatoria de sexenios, as plataformas de agregación de contidos (por exemplo, Dialnet).

 

Si. A acción de publicar é distinta á acción de depositar e a publicación en aberto nunha editorial científica non exime o seu depósito nun repositorio institucional ou temático. As revistas e os repositorios son plataformas distintas. O criterio 5 da Resolución de 5 de decembro de 2023, da Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora, pola que se publican os criterios para a avaliación da actividade investigadora non entra a regular o primeiro dos procesos (a publicación), senón que obriga ao segundo (o depósito) segundo o disposto no artigo 37.2 da Lei 17/2022 da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación. Artigo 37.2.

"El personal de investigación del sector público o cuya actividad investigadora esté financiada mayoritariamente con fondos públicos y que opte por diseminar sus resultados de investigación en publicaciones científicas, deberá depositar una copia de la versión final aceptada para publicación y los datos asociados a las mismas en repositorios institucionales o temáticos de acceso abierto, de forma simultánea a la fecha de publicación".

O motivo desta disposición é que depositar artigos científicos, conxuntos de datos e outras contribucións en repositorios de acceso  aberto permite ás institucións e persoal investigador controlar a súa produción académica, preservar as publicacións e facilita a súa indización por agregadores e bases de datos abertas que visibilizan e difunden ditas contribucións.


A inclusión dun artigo nas bases de datos da editorial onde se publica (ex. Scopus), tampouco exime do seu depósito nun repositorio de acceso aberto válido (institucional, temático ou xeralista).

 

O depósito non necesariamente implica a difusión en acceso aberto. Esta convocatoria de sexenios limita a súa exixencia a que os traballos que se van avaliar se depositen, como indica a Lei, aínda que este depósito se faga co contido embargado, con acceso restrinxido u completamente pechado. O atributo “de acceso aberto” refírese exclusivamente aos repositorios, non aos traballos depositados neles.


No caso de obras protexidas, embargadas ou cuxos dereitos de propiedade intelectual fosen cedidos a terceiros, débese facer depósito, agregando os metadatos, en repositorios abertos e, na medida do posible, o texto completo, aínda que a dispoñibilidade deste en aberto non sexa efectiva ata que se aclaren os dereitos ou finalice o embargo. Para obras con dereitos de propiedade intelectual cedidos a perpetuidade (por exemplo, libros), soamente é necesario depositar os metadatos no repositorio.

 

Non, non será necesario escanear os libros nin os capítulos de libros. Bastará con aportar evidencia de que os metadatos dos traballos foron depositados no repositorio.

Non, bastará con indicar o identificador persistente de dito depósito (DOI, Handle ou similar). Débese seguir o mesmo procedemento no caso de que o editor fixese o depósito nun repositorio.

En España o mandato legal de depósito dos artigos científicos en repositorios chega coa Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación. Polo tanto, deben cumprir con este requisito todos os artigos posteriores a esa data. No caso doutros resultados de investigación (libros, capítulos de libro, conxuntos de datos, etc.) o depósito en repositorios é obrigatorio desde a Lei 17/2022, de 5 de setembro, pola que se modifica a Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, polo que tamén deberán cumprir con este requisito todos os resultados posteriores a esa data.

Nesta convocatoria de sexenios estas obrigas respetan as posibles cesións de dereitos de propiedade intelectual a favor de editoriais e se restrinxe ao depósito en repositorios de acceso aberto, non ao depósito en aberto das obras. O que debe ser de acceso aberto son os repositorios, non o contido depositado. Este podería estar embargado durante o tempo que requira o acordo coa editorial. Máis aló das obrigas derivadas da Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación (de 2011 e a súa posterior modificación de 2022), recoméndase a todas as persoas solicitantes avanzar no depósito das súas aportacións (incluídas as anteriores ao 1 de xuño de 2011), independentemente da súa data de publicación, para garantir a preservación dos traballos e facilitar a súa difusión.

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons