Olla, que ves? Cando a violencia machista non deixa de ser noticia
Con esta iniciativa deseñada e organizada pola Equip[a] da Igualdade da BUDC, todas as bibliotecas empapelaremos as nosas mesas con noticias de violencias contra as mulleres e o colectivo LGTBIQA+.
Obxectivos
“Todas somos Palestinas”. Costureiras contra as violencias machistas. Proxecto de artivismo Téxtil
Co-creación dun mosaico ou tapiz colaborativo usando a técnica da almazuela ou patchwork, para facermos un retrato coral baseado no lema feminista “Se tocan a unha, tócannos a todas”.
Está aberta a toda a comunidade universitaria e persoas externas.
Cada quen é libre de representar nun fragmento de tea a voz, rostro, corpo, palabras, soños, desexos, loitas, berros, historias, aspiracións das mulleres en calquera cartografía do mundo.
As Facultades, Servizos ou Bibliotecas poden sumarse á acción por medio da organización da acción no seu centro ou coa recollida das pezas téxtiles elaboradas no mesmo. Para confirmardes a participación podedes enviar unha mensaxe a igualdade.educacion@udc.gal
Vídeo de cancións que fan referencia á violencia de xénero. Proxectarase na televisión da entrada da Biblioteca.
Cartel coas distintas formas de violencia de xénero.
Cartel onde o alumnado poida escribir as súas impresións sobre as distintas formas de violencias contra a muller.
Centro de interese Non á violencia de xénero
A Biblioteca da Facultade de Dereito elaborou este centro de interese con títulos tan atractivos como a película Te doy mis ojos que este ano protagoniza o acto principal do Concello da Coruña en torno á violencia de xénero, libros de estudo ou un cómic, Quiéreme bien: una historia de maltrato de Rosalind B. Penfold.
25N Hai saída: muller, traballo e emprendemento
Esta mostra bibliográfica trata o tema do emprendemento como saída laboral para mulleres en situación de dependencia económica, risco de exclusión social, violencia, mulleres migrantes... dentro das actividades que desenvolve a Facultade polo 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
Pódese visitar entre novembro e decembro de 2023.
Lugar: Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa. Campus de Elviña.
"Esta furia e esta razón. Semana poética contra as violencias de xénero": o alumnado da Facultade de Filoloxía da materia "Poesía en Lingua Galega e Portuguesa", en colaboración co Decanato e a Biblioteca deseñaron este evento coas seguintes actividades:
Panel sobre a fenda de xénero
A Biblioteca invítavos a reflexionar e a participar coa vosa opinión acerca das actitudes e estruturas sociais que perpetúan a desigualdade de xénero contra as mulleres.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es