Ir ao contido principal

25N. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Biblioteca Casa do Patín (Campus de Ferrol)

Exposición bibliográfica

A Biblioteca Casa do Patín estrea esta pequena mostra de libros sobre a violencia exercida contra as mulleres.

Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física

Esta biblioteca é un lugar seguro

Exposición acompañada de murais e carteis que reclaman lugares seguros no edificio da Facultade. É unha homenaxe ás 40 mulleres asasinadas por violencia de xénero no ano 2024 e un xeito de reivindicar a necesidade de espazos seguros.
 

Biblioteca da Facultade de Ciencias

Carteis nas mesas da sala de lectura

A Biblioteca de Ciencias puxo en cada mesa de lectura un recordatorio sobre a data e un código QR co Manifesto da Red de Unidades de Igualdad de Género para la Excelencia Universitaria (RUIGEU)

   

Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa

Collage e obradoiro

A Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa fixo un collage con hastags, libros, fotografías e o cartel do obradoiro: "Descubrindo as separacións matrimoniais con Lady Bunissesnoop: trabas institucionais e económicas no s. XIX".

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons