Cando se redacta un traballo académico (tese, artigo de revista, ponencia, etc), no que se inclúe información allea, débese indicar a procedencia da dita información, é dicir, o documento ou fonte orixinal.
Razóns polas que se debe citar:
É un conxunto de datos que permiten a identificación dun documento e a súa localización. A referencia é un complemento da cita xa que aporta máis información sobre o documento que se cita. Exemplo:
É unha listaxe completa de todas as referencias bibliográficas dos documentos que se consultaron para a elaboración dun traballo ou investigación. Exemplo:
Para redactar as citas e referencias dunha maneira uniforme e coherente existe unha variedade de normas ou estilos bibliográficos: APA, Vancouver, a Norma ISO 690:2010 e a súa correspondencia en español UNE-ISO 690:2013, etc. Elixirase o que mellor conveña á área científica ou a que recomende a persoa que titorice o traballo, tese, etc.
Hai que citar e referenciar sempre que se use unha idea, un dato ou unha explicación dunha fonte allea. Pode ser unha cita literal, unha paráfrase ou unha mención. En todos estes casos hai que facer referencia da fonte de onde se obtiveron os datos.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es