Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Citas e referencias bibliográficas: Plaxio

Plaxio no traballo intelectual Formas de plaxio

O plaxio consiste en copiar ideas, obras alleas ou fragmentos das mesmas, datos obtidos por outras persoas nas súas investigacións e presentalos como se foran propios. Sempre que non se menciona a persoa autora e a obra de donde procede a información orixinal, mediante unha cita bibliográfica, se está a cometer plaxio.

Non é plaxio:

Facer uso do coñecemento público, é dicir, daquelas verdades que son públicamente recoñecidas, por exemplo, afirmar que a terra é redonda. Tampouco supón plaxio utilizar "ideas xeralmente compartidas por todos os que cultivan unha certa rama do saber" (Miranda Montecinos, 2013).

Recorde que o plaxio supón unha infracción da lexislación sobre a Propiedade intelectual e industrial a traves da cal se protexen os dereitos morais e económicos da persoa autora desde o mesmo instante da creación da súa obra  

_____________________________

MIRANDA MONTECINOS, Alejandro (2013). Plagio y ética de la investigación científica. Revista Chilena de Derecho, v. 40, n. 2, pp. 715.

  • O plaxio pode ser literal cando se copia unha frase ou fragmento tal e como aparece na obra orixinal e sen facer a correspondente cita bibliográfica.

 

  • Parafrasear é presentar as ideas doutra persoa autora con as nosas propias palabras e non citar a obra orixinal de donde as recollimos.

 

  • autoplaxio consiste en intentar publicar o mesmo traballo en varias revistas e con títulos diferentes ou traducido a outro idioma. Tambén é fixir que se trata dunha publicación nova introducindo algúns cambios.

 

  • Citar fontes de información sen telas lido é outra forma de plaxio.

 

Lexislación sobre Dereitos de Autor e Propiedade intelectual

Código Penal:

  • Ley Orgánica 10/1995, de 23 de noviembre. Código Penal (Arts.270 a 272)

A normativa da Universidade da Coruña recolle no texto consolidado das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario, Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, no artígo 14 punto 4:

Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel

obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o

permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na

actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber

lugar tras o correspondente procedemento.

Ley 14/2011, de 1 de junio, de la Ciencia, la Tecnología y la Innovación, os seguintes artigos:

(Artículo 14. Derechos del personal investigador, apartado 1.c): A ser reconocido y amparado en la autoría o coautoría de los trabajos de carácter científico en los que participe.

(Artículo 15. Deberes del personal investigador, apartado 1.f): f) Adoptar las medidas necesarias para evitar el plagio.

Para evitar o plaxio recoméndase:

  • Sempre que se utiliza información allea (ideas, datos, libros, artígos de revistas, gráficos, etc.) débese facer referencia á fonte orixinal mediante a cita e a referencia bibliográfica.
  • Convén crear unha bibliografía na que se recollan as referencias de todas as obras consultadas para a elboración do traballo ou investigación.

Mostrámoslles o video tutorial elborado poa University of Sydney Library baixo unha licenza Creative Commons e traducido ao español por unha comisión mixta intersectorial da CRUE-TIC e REBIUN.

Ligazóns con recomendacións e boas prácticas para evitar o plaxio:

  • Titorial "El plagio y la honestidad académica": producido pola Biblioteca da Universidade de Sidney e adaptado e traducido ao castelán por CI2 (Competencias Informáticas e Informacionales), unha comisión mixta intersectorial CRUE-TIC e REBIUN.
  • Ética en la investigación: páxina desenvolvida polo CSIC con boas prácticas científicas, normativa, ligazóns e documentos de interese...
  • Ethical publishing: páxina da editora Elsevier con información sobre a ética na investigación e publicación.

 

  • Turnitin: software de pago que utiliza a UDC (acceso), así como as demais universidades galegas. Permite detectar o plaxio comprobando as coincidencias dun documento con múltiples fontes de información (internet, artigos científicos ou coa súa base de datos interna).
  • ArticleChecker: encárgase de facer a busca pola rede e detectar se houbo plaxio. É gratuíto.
  • Grammarly: análise de plaxio na web con ligazóns aos sitios onde o atopou, realiza revisións de tipo ortográfico, de gramática, vocabulario, signos de puntuación e estilo de escritura, iso si, só de lingua inglesa.
  • Plagium: mostra en pantalla ligazóns a documentos que conteñen bloques de texto que coinciden con aqueles introducidos en Plagium. O uso do servizo de busca rápida é gratuíto e permite ata 5000 caracteres. Textos máis extensos requiren pago.
  • Purdue OWL: ofrece, ademais de todo tipo de estratexias para atopar plaxios, ferramentas e recursos para fortalecer o proceso de escritura sen necesidade de caer no fraude textual. En inglés.
  • Similarity Check: iniciativa lanzada por Crossref que agrupa a varias editoriais co fin de protexer a orixiinalidade dos contidos que publican. Utiliza o software iThenticate para detectar coincidencias e similitudes entre os textos sometidos a avaliación e os publicados previamente noutras fontes.
  • Viper: detector de plaxio gratuíto que cotexa páxinas web, artigos, libros de texto, periódicos ou revistas. Sólo para Windows.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons