Ir ao contido principal

Citas e referencias bibliográficas

Consideracións xerais

Para redactar as citas e referencias dunha maneira uniforme e coherente existen diferentes normas ou estilos bibliográficos, que determinan:

  • A forma de incluír as citas no texto que se está a redactar.
  • A maneira de transcribir os elementos que compoñen as referencias bibliográficas.

Cando se comeza un traballo académico ou de investigación, é importante elixir o estilo bibliográfico apropiado á área de coñecemento ou á revista na que se vaia publicar. Os estilos bibliográficos máis utilizados segundo as áreas de coñecemento:

As diferencias fundamentais entre os distintos estilos son:

  • O uso de maiúsculas para transcribir os apelidos do autor: GARCIA, Emilio ou Garcia, Emilio
  • O lugar no que se indica a data de publicación: despois do autor ou despois dos datos de publicación.
  • O título da publicación en letra cursiva ou subliñado.
  • Se se inclúe ou non a data de publicación.                                          

Recoméndase ser coidadoso ao anotar a bibliografía consultada: incluír todos os elementos que compoñen as referencias e indicar  as páxinas. Os xestores bibliográficos - noutro apartado desta guía - constitúen unha grande axuda e adáptanse a todos os estilos bibliográficos.

 

A Biblioteca da UDC, na súa labor de fomentar a perspectiva de xénero e aumentar a visibilidade das investigadoras, recomenda o uso da Cita xusta, para o cal é necesario:

  • Aumentar o número de autoras e outras persoas excluidas ao longo do tiempo nos traballos académicos.
  • Utilizar, siempre que sexa posible, estilos de cita que inclúan o nome completo do autor ou autora: Chicago, MLA ou ISO, ou optar polos estilos APA e Vancouver, adaptados a esta filosofía pola UOC.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons