|
Refworks é un xestor de referencias bibliográficas online que está a disposición da nosa comunidade universitaria e que lle permite:
A exportación pódese facer rexistro a rexistro ou enviando varios rexistros á vez.
Tras facer unha busca no catálogo da biblioteca, hai que premer nas iconas de Exportar a Refworks do rexistro que nos interese. Estas iconas están presentes tanto na pantalla de resultados breves como na pantalla do rexistro completo.
1. Tras realizar a busca, selecciona os rexistros que che interese exportar
2. Preme nos tres puntos que hai na parte superior dos resultados de busca
3. Selecciona como xestor de exportación Refworks
A continuación abrirase unha xanela que che preguntará se queres exportar os registros á Refworks. Se non estás autenticado, deberás autenticarte:
A continuación tes unha pantalla para preseleccionar onde gardar os rexistros, marcando en que proxecto e en que carpeta. No caso de non escoller ningunha, os registros gardaranase no proxecto que tivieras aberto por última vez e na carpeta de 'Últimos importados'. Nesta carpeta permanecen un mes. Pasado ese tempo, se non lles asignas despois una carpeta, atoparalos en 'Not in Folder' (sen carpeta).
A non ser que deselecciones a opción, por defecto, os rexistros importaranse coas etiquetas que herden do catálogo (as materias). Desmarca esa opción se queres que os rexistros se importen sen etiquetas.
ProQuest. Formación e recursos en español: Nuevo RefWorks
ProQuest: Webinars sobre Refworks
Universidad Complutense. Biblioteca de Psicología - 19 videotitoriais
Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. Biblioteca Universitaria. Biblioguías: RefWord 2
Universidade da Coruña, Biblioteca de Ciencias da Educación: Como incorporar referencias con ProquestRefworks
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es