Plaxio no traballo intelectual | Formas de plaxio |
---|---|
O plaxio consiste en copiar ideas, obras alleas ou fragmentos das mesmas, datos obtidos por outras persoas nas súas investigacións e presentalos como se foran propios. Sempre que non se menciona a persoa autora e a obra de donde procede a información orixinal, mediante unha cita bibliográfica, se está a cometer plaxio. Non é plaxio: Facer uso do coñecemento público, é dicir, daquelas verdades que son públicamente recoñecidas, por exemplo, afirmar que a terra é redonda. Tampouco supón plaxio utilizar "ideas xeralmente compartidas por todos os que cultivan unha certa rama do saber" (Miranda Montecinos, 2013). Recorde que o plaxio supón unha infracción da lexislación sobre a Propiedade intelectual e industrial a traves da cal se protexen os dereitos morais e económicos da persoa autora desde o mesmo instante da creación da súa obra _____________________________ MIRANDA MONTECINOS, Alejandro (2013). Plagio y ética de la investigación científica. Revista Chilena de Derecho, v. 40, n. 2, pp. 715. |
|
Lexislación sobre Dereitos de Autor e Propiedade intelectual
Código Penal:
A normativa da Universidade da Coruña recolle no texto consolidado das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario, Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, no artígo 14 punto 4:
Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel
obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber
lugar tras o correspondente procedemento.
Ley 14/2011, de 1 de junio, de la Ciencia, la Tecnología y la Innovación, os seguintes artigos:
(Artículo 14. Derechos del personal investigador, apartado 1.c): A ser reconocido y amparado en la autoría o coautoría de los trabajos de carácter científico en los que participe.
(Artículo 15. Deberes del personal investigador, apartado 1.f): f) Adoptar las medidas necesarias para evitar el plagio.
Para evitar o plaxio recoméndase:
Mostrámoslles o video tutorial elborado poa University of Sydney Library baixo unha licenza Creative Commons e traducido ao español por unha comisión mixta intersectorial da CRUE-TIC e REBIUN.
Ligazóns con recomendacións e boas prácticas para evitar o plaxio:
Viper: detector de plaxio gratuíto que cotexa páxinas web, artigos, libros de texto, periódicos ou revistas. Sólo para Windows.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es