Existen varios modelos de citas que se poden atopar dentro dun texto, sendo as máis comúns as que se amosan a continuación. Hai que ter en conta que a forma de representar a cita (usando parénteses ou corchetes, co modelo autor-ano, etc.) dependerá do estilo de referencias que se empregue: APA, Chicago, IEEE, etc.
Tipos de citas | Como se relaciona cada cita coa súa correspondente referencia |
---|---|
A cita textual consiste en copiar literalmente unha frase ou parágrafo doutra obra. O fragmento copiado transcríbese entre comiñas ou con letra cursiva, se é unha frase curta. Se é un texto longo (máis de 40 palabras polo xeral) distínguese nun parágrafo aparte e con diferente tabulación A cita indirecta non textual - tamén chamada paráfrase - consiste en explicar ou comentar coas propias palabras as ideas, argumentos extraídos da obra doutra autora ou autor. A cita de cita emprégase cando non se pode consultar a fonte orixinal, senón que a cita se extrae dunha obra secundaria. Neste caso hai que citar a fonte orixinal, aínda que na bibliografía só se inclúan os datos da fonte secundaria. Este tipo de citas debe ser empregado con moderación, pois é preferible consultar as obras orixinais. Recorde: sempre que se cita, indícase a fonte orixinal ou referencia bibliográfica da que se extraeu a frase, idea ou información. As referencias bibliográficas inclúense ben ao pé de páxina ou nunha lista de bibliografía ao final do traballo. |
Dependendo do estilo de referencias empregado, pódense dar tres métodos para relacionar as citas no texto coas referencias bibliográficas:
Este exemplo ilustra unha cita textual sinalada cun número correlativo ou subíndice que remite á referencia bibliográfica indicada ao pé da páxina. |
Recomendacións sobre o uso das citas | Pautas para a redacción das referencias |
---|---|
|
|
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es