Ir ao contido principal

Covidence. Revisións sistemáticas

Guía de uso da ferramenta Covidence de apoio á realización de revisións sistemáticas

Que é Covidence

A Universidade da Coruña ofrece acceso á licenza institucional de Covidence, unha ferramenta en liña deseñada para facilitar os aspectos fundamentais do proceso de revisión sistemática e da metaanálise.

Covidence permite:

  • Importar referencias: funciona perfectamente cós xestores bibliográficos  como EndNote, Zotero, RefWorks, Mendeley ou calquera ferramenta que soporte os formatos RIS, CSV ou PubMed XML. Permite tamén o control e eliminación de duplicados.
  • Importación masiva de PDFs: permite transferir os PDF almacenados no  xestor bibliográfico  nuns clics. 
  • Analizar e cribar os rexistros importados:
    • Permite seleccionar en base ao título e ao resumo das referencias e  grazas ao destacado de palabras chave e a unha interface áxil. Covidence mantén un rexistro completo de quen votou e admite a selección simple ou dobre.
    • De igual xeito, con respecto ao texto completo dos estudos, axuda a seleccionar rápidamente nesta segunda fase. Permite marcar os motivos de exclusión e calquera nota que axude a posteriori a resolver conflitos/desacordos, con só pulsar un botón.
  • Crear formularios: Facilta o control e manterse centrado na pregunta PICO. Os formularios de extracción personalizables permiten dedicar tempo só a extraer o que necesita.  
  • Personalizar o risco de sesgo: permite encher automáticamente as  táboas de risco de sesgo resaltando e comentando o texto directamente no PDF.
  • Realizar a extracción de datos: permite facer este paso de forma eficaz cunha vista paralela do formulario personalizado e o PDF. Unha vez rematada, pode comparar fácilmente o seu formulario co dos outros revisores.  
  • Exportar: Covidence exporta a todos os formatos habituais para continuar a revisión no software preferido.
  • Colaborar: permite invitar a outros revisores (incluidos colegas externos á UDC) a traballar na revisión.

 

Formación en Covidence

Como empezar a usar Covidence

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons