Ir ao contido principal

Covidence. Revisións sistemáticas

Guía de uso da ferramenta Covidence de apoio á realización de revisións sistemáticas

Interface de traballo

Interface de traballo

 

Cando a persoa usuaria selecciona o nome do proxecto/revisión no que quere traballar, ábreselle unha interface de traballo.

Na esquina superior dereita ten tres botóns para acceder as opcións de Settings (Configuración), PRISMA diagram e Export.

A parte principal da interface móstralle as catro fases de traballo que Covidence facilita.

  • Importación de referencias
  • Selección en base ao título e o resumo
  • Selección en base ao texto completo
  • Extracción de datos

Premendo en cada unha destas fases, poderá consultar os detalles do progreso, incluíndo o número de referencias:  

  • Dispoñibles para seleccionar e extraer
  • Xa completadas  
  • Con conflitos pendentes de resolver
  • Número total nesta fase.

Importar referencias

Importar referencias

 

  • Recomendámoslle encarecidamente que utilice un xestor bibliográfico para gardar as súas referencias antes de importalas a Covidence.  Esto forma parte das boas practicas no que respecta a calquera tipo de revision pero tamén é recomendable porque non todos os formatos de exportación dalgunhas bases de datos son compatibles con Covidence.
  • Seleccione do xestor todas as referencias que necesite e expórteas nun formato RIS.
  • En Covidence, seleccione o nome da súa revisión.
  • Prema en Importar, na sección de Import references
  • Importar en: seleccione Screen do menú.
  • Prema en Choose file para seleccionar o arquivo que vostede exportou do xestor de referencias e ten gardado no ordenador.
  • Prema en Importar.

Información detallada e instrucións

Consulte este video producido por Covidence titulado "How to import references"

Xestionar duplicados

Xestionar duplicados

 

  • Covidence detecta citas duplicadas.
  • Para ver a listaxe de citas duplicadas, prema en Ver todos os duplicados na sección de Import references.
  • Se a referencia non é un duplicado, prema no botón Not a duplicate.

 

Consulte este video producido por Covidence titulado "Quick Tip: managing duplicates"

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons