Unha vez que subiu os seus rexistros seguindo as indicacións da nosa guía con respecto ás importacións e o proceso de eliminación de duplicados, pode comezar co proceso de selección.
Durante o proceso de selección os revisores poderán ter acceso e desplegar os criterios de inclusión e exclusión.
Durante o proceso de selección os revisores poderán ter acceso e desplegar as palabras chave que marcarán a inclusión ou a exclusión. As primeiras aparecen en verde e as segundas en vermello.
Consulte este video producido por Covidence titulado "How to screen by tittle and abstract"
Cando remate a tarefa de revisión de títulos e resumos terán que resolver os conflitos pendentes antes de pasar a fase de selección a través do texto completo.
Consulte este video producido por Covidence titulado "Resolving conflicts"
Antes de comezar co proceso de selección por texto completo, cómpre cargar os arquivos PDF con ese texto ás referencias.
Existen dous métodos para cargar estes arquivos en Covidence:
Consulte este video producido por Covidence titulado "Uploading single PDFs to Covidence"
Consulte este video producido por Covidence titulado "How to import PDFs in bulk to Covidence"
NOTA: **Debido ás leis de propiedade intelectual e as restricións das licenzas, poden existir certas restricións á hora de compartir o texto completo dos artigos con persoas que non formen parte da comunidade universitaria da Universidade da Coruña. Por favor, contacte con biblioteca.inef@udc.es se ten algunha dúbida ao respecto. **
Cando o seu equipo remate a análise/selección por título e resumo e todos os PDFs dos artigos seleccionados foran cargados, entón estará listo para comezar a seguinte fase de análise dos textos completos.
Consulte este video producido por Covidence titulado "Full Text Review in Covidence"
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es