Unha revisión de alcance é unha "avaliación preliminar do tamaño potencial e o alcance da literatura de investigación dispoñible" sobre un tema.2 Este tipo de revisións adoitan examinar moitos deseños e métodos de estudo diferentes, e poden incluir investigacións en curso.
As revisións de alcance poden ser independentes ou utilizarse como ferramenta para avaliar se pode levarse ao cabo unha posible revisión sistemática sobre unha cuestión.
As revisións de alcance son útiles para:
As limitacións das revisións de alcance inclúen:
Image by Clker-Free-Vector-Images from Pixabay.
Aínda que moitos aspectos de PRISMA están pensados para as revisións sistemáticas, tamén existe unha listaxe de comprobación específica para as revisións de alcance. Ademais, moitas das outras extensións poden ser útiles para as revisións de alcance, modificándoas cando sexa necesario.
Unha listaxe de verificación de 27 elementos que aborda as seccións de introdución, métodos, resultados e discusión dun informe de revisión sistemática. Adoita ser moi recomendado ou requerido polas revistas ao enviar un manuscrito de revisión sistemática.
Un diagrama que representa o fluxo de información a través das diferentes fases dunha revisión sistemática. Amosa o número de rexistros identificados, incluidos e excluidos, e os motivos das exclusións. Tamén moi recomendado, ou esixido, polas revistas ao enviar un manuscrito de revisión sistemática.
Un documento destinado a facilitar o desenvolvemento e a presentación de informes de protocolos de revisión sistemática.
Unha listaxe de verificación de 12 elementos que ofrece aos autores e autoras un marco para condensar a súa revisión sistemática no esencial para un resumo da conferencia.
É unha extensión da declaración PRISMA dirixida exclusivamente a describir como se fixo a busca da revisión sistemática.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es