Ir ao contido principal

Covidence. Revisións sistemáticas

Guía de uso da ferramenta Covidence de apoio á realización de revisións sistemáticas

Que é unha revisión narrativa

Unha revisión narrativa recolle toda a información relevante sobre un tema determinado. Pode utilizar unha ampla variedade de materiais, como artigos de revistas, libros, etc. As revisións narrativas poden ser independentes ou poden formar parte dun traballo más amplo, como por exemplo unha introdución a un estudo experimental.

 

As revisións narrativas son útiles para:

  • Proporcionar unha descrición xeral das principais teorías e hipóteses, métodos e metodoloxías apropiados e achados fundamentais.
  • Axudar aos lectores a descubrir os autores/investigadores máis importantes sobre un tema
  • Identificar fendas de coñecemento

As limitaciones das revisións narrativas inclúen a posibilidade de introducir sesgos e problemas relacionados coa reproducibilidade. 

Fonte
  1. Grant MJ & Booth A. A typology of reviews: an analysis of 14 review types and associated methodologiesHealth Information and Libraries Journal, 2009. 26(2), 91–108. https://doi.org/10.1111/j.1471-1842.2009.00848.x

Image by Clker-Free-Vector-Images from Pixabay.

Revisións sistemáticas vs Revisións narrativas

É importante comprender a diferenza entre as revisiones sistemáticas (con ou sen metaanálise) e as revisións narrativas.

As revisións sistemáticas  buscan responder a unha pregunta específica e claramente formulada mediante o uso de protocolos rigurosos e explícitos para identificar, seleccionar e avaliar estudos de investigación relevantes; e recompilar e analizar datos dos estudos seleccionados. Para minimizar o sesgo, as revisións sistemáticas inclúen ou exclúen evidencias en base a uns criterios de calidade explícitos. Poden incorporar metaanálise.

Nas Revisións narrativas, acotío chamadas Revisións a secas, os artigos poden estar baseados ​​na evidencia, pero non son evidencia. En lugar de responder unha pregunta clínica específica, ofrecen unha descrición xeral  do estado da cuestión nun tema determinado. Adoitan carecer de protocolos de busca sistemáticos ou criterios explícitos para a selección e valoración das pruebas. 

Revisións sistemáticas

Revisións narrativas

Investigan un tema ou fan unha pregunta claramente definida, acotío moi específica. (por exemplo, para avaliar a eficacia e a seguridade de ustekinumab en pacientes con psoriasis en placas de moderadas a graves). Polo xeral, proporcionan unha visión xeral da investigación nun área determinada (por exemplo, novas opcións de tratamento para a psoriasis).
A literatura recompílase utilizando protocolos de busca explícitos. Pódese realizar unha busca exhaustiva, aínda que  normalmente non se utiliza un protocolo de busca bibliográfica explícita e sistemática.
Selecciónanse os estudos a revisar en base a un protocolo que especifica los criterios de inclusión e exclusión. Os estudos utilizados para respaldar as recomendacións dos revisores non se seleccionan dacordo cun conxunto de criterios de inclusión/exclusión predeterminados.
Realízase un proceso de avaliación crítica, examinando a calidade de cada estudo e determinando a validez dos seus resultados. Os estudos poden calificarse dacordo cun conxunto establecido de criterios. Poden ou non utilizar un sistema de medición do nivel de evidencia para "cualificar" a calidade e a solidez dos estudos individuais.
Os datos de estudo primario pódense sintetizar nunha metaanálise. As revisións narrativas non acostuman a incluir o aspecto cuantitafivo.
Cando falta evidencia, os autores xeralmente recomendan máis investigación. Cando falta evidencia, os autores fan recomendacións baseadas nas súas opinións e experiencia. Pódese calificar o nivel de axuste ás recomendacións en función da forza da evidencia que se utilizou para chegar á recomendación.

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons