Os datos de investigación son aqueles materiais xerados ou recollidos durante o transcurso dunha investigación.
Neste tipo de datos inclúense estatísticas, resultados de experimentos, cadernos de campo, cuestionarios, etc.
Denomínase dataset ao conxunto de datos reunidos durante a execución dun proxecto de investigación.
Os datos clasifícanse en:
A Xestión de datos de investigación abarca as tarefas de organizar, estruturar, almacenar, preservar e difundir os datos utilizados.
A correcta xestión e documentación dos datos ao longo do seu ciclo vital permitirá:
Infografía sobre boas prácticas na xestión dos datos de investigación, elaborada polo Servei de Biblioteques, Publicacións i Arxius da Universitat Politècnica de Catalunya e traducida na Sección de Información e Referencia do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña.
Os datos de investigación débense poder compartir e reutilizar de forma legal en novas investigacións, de forma que outros investigadores poidan ter acceso aos mesmos.
Os principios FAIR fan referencia a como deben tratarse os datos de investigación para que sexan localizables, accesibles, interoperables e reutilizables (Findable, Accessible, Interoperable, Reusable).
Hai ferramentas que permiten valorar se os datos son FAIR, é dicir, localizables, accesibles, interoperables e reutilizables. Algúns exemplos son:
Importancia dos datos FAIR
Os datos deben ser FAIR para que as persoas interesadas os poidan reutilizar; tamén deben ser reproducibles, aspecto este que poden exixir en ocasións as axencias de financiación. Se son reproducibles cumplirán coa transparencia e a ética. Os datos faranse públicos, sempre dependendo da máxima "tan abierto como sea posible, tan cerrado como sea necesario".
Leis que apoian os datos FAIR
O Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación (PEICTI) 2024-2027, aprobado o 7 de maio de 2024, establece que un dos seus obxectivos específicos é "Garantizar el cumplimiento de los principios de ciencia abierta". Este obxectivo enténdese como unha Condición Marco que debe estar presente nas actuacións dos distintos programas e subprogramas de financiación. Establece a obligatoriedade de realizar un plan de xestión de datos como parte integral dos proxectos de investigación financiados con fondos públicos que permitirá apoiar o libre acceso e a xestión dos datos xerados pola investigación.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es