O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, xornada establecida pola Asemblea Xeral da ONU en 2016 co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, así como para empoderar ás mulleres no papel que poden xogar nas ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM polas súas siglas en inglés).
Desde o Servizo de Biblioteca sumámonos á conmemoración deste día visibilizando e dando a coñecer o papel das mulleres na ciencia. Dende a Biblioteca Central seleccionamos unha serie de libros e películas relacionadas con esta temática que están dispoñibles na nosa colección. Ademais, ofrecemos unha selección de recursos e materiais externos que poden resultar de interese.