Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia: Presentación

    

 

 

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, xornada establecida pola Asemblea Xeral da ONU en 2016 co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, así como para empoderar ás mulleres no papel que poden xogar nas ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM polas súas siglas en inglés).

Desde o Servizo de Biblioteca sumámonos á conmemoración deste día visibilizando e dando a coñecer o papel das mulleres na ciencia. Dende a Biblioteca Central seleccionamos unha serie de libros e películas relacionadas con esta temática que están dispoñibles na nosa colección. Ademais, ofrecemos unha selección de recursos e materiais externos que poden resultar de interese.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons