Skip to Main Content

Factiva Dow Jones: Presentación


FACTIVA DOW JONES é unha base de datos internacional producida por Dow Jones, un dos provedores líderes da información económica e financeira.

Esta base de datos combina unhas 30.000 fontes para dar acceso á comunidade universitaria a contIdo recollido de 200 países en 28 linguas. A información está tomada de periódicos, newswires, publicacións da industria, sitios web, informes de compañías, entre outras fontes. O seu amplo contido aporta un coñecemento local e unha perspectiva global en publicacións de negocios e eventos actuais -especialmente no referente a peticións de información actual sobre compañías, industrias e mercados financeiros.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons