A Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC convoca dende 2013 o Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño co obxecto de incentivar a realización de traballos que inclúan a perspectiva de xénero por parte do alumnado de graos e mestrados, e contribuír, deste xeito, a promover a introdución da perspectiva de xénero na investigación e a docencia.
Precisamente unha das medidas recollidas no II Plan de Igualdade da UDC 2019-2022 é dar continuidade a este certame de traballos académicos (Eixo 2. Perspectiva de xénero na actividade docente/investigadora / 2.1. Medidas de continuidade).
Recompilamos a continuación os traballos premiados que foron obxecto de recoñecemento académico en materia de xénero. Lístanse os traballos dende a 5ª convocatoria (2017) ata a actualidade e, se o TFG/TFM está incluído no RUC (repositorio institucional da UDC), ofrécese a ligazón ao seu texto completo.
I Concurso de Traballos Académicos con perspectiva de Xénero "Pascuala Campos de Michelena" para alumnado da ETSAC: convocado pola Comisión para a Igualdade de Xénero da ETSAC co obxecto de incentivar a realización de traballos que inclúan a perspectiva de xénero por parte do alumnado de graos e mestrados, e contribuír, deste xeito, a promover a introdución da perspectiva de xénero na investigación e a docencia na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. Contémplanse dúas modalidades distintas: traballo fin de grao e traballo fin de mestrado.
TFG (Traballo Fin de Grao)
TFM (Traballo de fin de mestrado)
Decláranse desertos os premios desta modalidade, por considerar que a documentación presentada non permite valorar os plantexamentos específicos desta convocatoria.
Premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres: galardón froito do convenio subscrito por esta institución coas Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.
Primeira edición (2020): convocatoria / premiados/as
Segunda edición (2021): convocatoria
Premio "Clara Campoamor" para as teses de doutoramento en Humanidades, Ciencias Xurídicas ou Ciencias Sociais que versen sobre aspectos relacionados coa igualdade: galardón do Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, adscrito ao Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es