Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Guía sobre feminismo, xénero e igualdade: Formación

Plan de Formación en Igualdade na Universidade da Coruña

Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) a través do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) presenta un plano de formación para levar a cabo as accións previstas no II Plan de Igualdade da UDC

Mediante estas actividades formativas pretende dar resposta ou mellorar o coñecemento sobre que é e que significa a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, integrándoa na aplicación práctica do día a día da universidade tanto no ámbito persoal, coma na actividade docente, discente e do persoal de administración e servizos.

Escuela Virtual de Igualdad

A Escuela Virtual de Igualdad (EVI) é un espazo dixital de formación dirixido a fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través de accións formativas gratuítas enmarcadas en diferentes ámbitos.

Trátase dun proxecto que o Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades puxo en marcha no ano 2007 e no que, desde o seu inicio ata hoxe, formáronse máis de 250.000 persoas, converténdose así na maior plataforma formativa en materia de igualdade en España.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons